|
|
Peregrinación a Santiago
|
|
|
Camiño Francés |
| |
Prólogo |
| |
| |
|
Luns, 5 de Xuño do 2000 |
| |
|
|
A idea de facer o Camiño xurdiu cando pasamos un tempo en Jaca. Toño, Jero e eu o planeamos, pero ao final só Toño e eu o comenzamos.
Levanteime pronto, fun en autobús ata Ourense e aluguei un coche co que nos iamos a desprazar ata Pamplona. De volta pasei por Laza para recoller os meus trastos e a bici. Cargado o coche emprendín a viaxe ata Zamora, onde me esperaba Toño. Cargamos as súas cousas e seguimos a viaxe.
Iamos cheos de ilusión, xa que os dous tiñamos moitas ganas de facelo. A media tarde chegamos a Pamplona, onde nos esperaba Moisés, outro compañeiro de Jaca. Entregamos o coche de aluguer no Aeroporto de Noain, e subimos no "Supercinco" vermello de Moisés -os tres, as bicis, a equipaxe, . . . -, iamos todos enlatados. De Pamplona a *Roncesvalles hai uns 48 km por estrada, pero que se nos fixeron eternos por un imprevisto de gasolina.
|
|
Chegamos cando xa estaba escurecendo. Dirixímosnos ao albergue a buscar aloxamento e a gardar as bicis antes de saír a cear. Cando terminamos, Moisés marchou para Pamplona e nós fomos para o albergue. Tiñamos que recoller a credencial e preparar as bicis para o día seguinte.
A noite estaba triste, chea de nuves no ceo. Facía un par de días que había mal tempo na zona. No albergue comentáronnos que por nada do mundo ocorrésellenos ir polo camiño ao día seguinte, xa que estaba en moi malas condicións polas choivas recentes.
Cando nos deitamos no albergue había un silencio sepulcral. Todo o mundo respetaba o descanso. Cheiraba a incienso, non en balde estabamos aloxados nun monasterio.
Roncesvalles é un val verde e frondoso. Dan ganas de permanecer aquí moitos días.
|
|
| |
|
| |
| |
| |
| |
|
" Gracias Toño pola túa compañía durante a nosa aventura" |
 |
| |
 |
Links do Peregrino |
| |
|
| |
|
|
|
| |
|
| |
 |
InfoRuta |
| |
Prólogo: Laza/Zamora - Roncesvalles |
|
Kms Etapa: |
| |
Kms Percorridos: |
|
Mapa: |
|
|
|
|