A Ruta discorre polas marxes do río Támega, dende a ponte do Couto ata a ponte de Arcucelos.

Comezaremos a ruta na Ponte do Couto. Un camiño que se mete á esquerda, por medio dos prados e terreos de cultivo, en dirección ao río Támega. É un percorrido moi cómodo.

Continuaremos polo evidente e sempre paralelos ao río. Cando cheguemos a un cruzamento coa estrada que vai a Souteliño, continuaremos por esta cara á ponte que aTravesa o río. Tras cruzar esta, continuamos polo camiño da esquerda, esta vez pola marxe dereita do río. Seguindo sempre co río á nosa esquerda, adentrarémosnos nos bosques de carballos da Veiga e Barxe Escura.

Cando cheguemos a un novo cruzamento con dous camiños, elixiremos entre un percorrido máis cómodo ( Esquerda) ou un pouco máis dificultoso (dereita). Ambos levarán á Ponche Pedriña. Unha vez aquí, localizaremos un camiño que sae cara ao Leste, a uns 100 m antes da ponte (en dirección a Verín). No cruzamento de camiños colleremos o da dereita.

O río agora quédanos á nosa dereita. Continuando este sen ningún desvío, chegaremos a Matamá. Unha vez en Matamá, preguntaremos a algún veciño polo camiño que nos leva ata a ponte de Retorta. Será deste xeito máis fácil atopalo. Chegaremos á ponte sobre o Támega en Retorta. Cruzaremos este e seguiremos polo camiño da esquerda en dirección a Arcucelos, onde finaliza a ruta, ou tomamos o camiño de volta pola mesma ruta.

Lonxitude: 20 KM ida e volta
Tempo (aprox.): Sendeirismo: 1H 30′ (Só a Ida)
Mountain Bike: 2 H 30′ (Só a Ida)
Dificultade: BAIXA
Desnivel: BAIXO
De interés: Os prados e veigas; Igrexas de Matamá y Retorta ; Cruceiros de Matamá e retorta. Presas do río Támega.

Planos e perfiles

  • Descargar