Esta ruta discorre pola antiga explotación mineira de Souteliño, e parte do monte da Travesa.

A ruta comeza no pobo de Souteliño, á beira do Restaurante Casa Elena. Tomaremos o camiño da esquerda. Cando remate o asfalto, continuaremos polo camiño de terra. Chegaremos a unha nova encrucillada. Continuando pola esquerda cruzaremos unha pequena ponte sobre o río Souteliño.

Un forte ascenso do camiño pasará á beira dos antigos lavadoiros de mineral da explotación mineira que había fai anos. Pasaremos á beira tamén dun estanque onde cargan auga os helicópteros contra incendios. Unha nova encrucillada. Seguiremos polo camiño da esquerda, chegando así ao merendeiro e zona de recreo.

Continuamos nunha nova encrucillada polo camiño da esquerda, chegando así ao Alto dá Travesa ou da Garita. Desde aquí o descenso é variado, en función do que queiramos. Se nos axudamos do mapa poderemos elixir o que mellor nos conveña.

Lonxitude: 7 KM
Tempo (aprox.): Sendeirismo: 1 H 30′
Mountain Bike: 2 H 30′
Dificultade: MEDIA
Desnivel: MEDIO
De interés: Restos das construcións dos lavadeiros do mineral; restos arqueolóxicos do forno atopados fai pouco tempo.

Planos e perfiles