Unha ruta case sen dificultade e que nos amosa a espectacularidade do barranco da Armada

Comezamos a ruta nun cruzamento de estradas, a 1 km antes de chegar a Toro. Tomaremos a estrada asfaltada que vai en dirección ao pobo de Correchouso.

A ruta discorre en dirección noroeste, tendo sempre á nosa esquerda o impresionante barranco. Este camiño foi construído para dar servizo á construción da liña de ferrocarril. Nela traballaron duramente os veciños do municipio. Existen decenas de túneles que segaron a vida de moitos. Recordemos que foi totalmente construído a base do sacrificio humano, sen medios mecánicos.

O camiño discorre case totalmente sen desnivel. Podemos facer altos na ruta para observar a magnitude da erosión producida polo río. Tras uns 4 km aprox. chegaremos a unhas casas medio derruídas. No seu día foron usadas polos empregados de Renfe. Daranos cobixo en caso de mal tempo.

A medida que nos acercamos a Correchouso, ímonos acercando aos seus impresionante castiñeiros. Continuaremos todo o camiño polo máis evidente. Hai tramos nos que a distancia entre nós e as vías de tren a penas existe. Deberemos ter precaución. Tras cruzar unha vella ponte que cruza a liña de tren, e afrontar unha forte subida, chegaremos ao pobo de Correchouso.

A volta será polo mesmo camiño.

Lonxitude: 20 KM ida e volta
Tempo (aprox.): Sendeirismo: 1 H 30′  (Só ida)
Mountain Bike: 3 H (Só ida)
Dificultade: BAIXA
Desnivel: BAIXO
De interés: Vistas do barranco da Armada; os pobos de Toro e Correchouso; traxecto ferroviario que aTravesa o macizo montañoso.

Planos e perfiles