Posiblemente a mellor ruta que podas facer. É unha das máis esixentes polo seu percorrido, pero vas a disfrutar co esforzo

A ruta comeza á beira da piscina fluvial de Laza, na paraxe coñecida coma “O Regueiro Seco”. Comezamos pola pista de terra, subindo cara ás Borreas. Tras 200 m. continuamos pola dereita, deixando a forte pendente da esquerda – onde está situada a casa rural “O Boutallón”-.

Á medida que collemos altura temos unha panorámica da zona de recreo así como de algúns dos poucos viñedos que quedan en Laza. Seguindo a pista, chegaremos a un novo cruzamento de camiños. Seguimos polo da dereita. A partir de aquí o camiño é unha pendente máis moderada. Pronto nos achegamos aos piñeirais da Armada.

No seguinte cruzamento que nos atoparemos (a 2,5 km aprox.) continuamos polo da esquerda. Os piñeirais centenarios e o son do bosque amenízannos o percorrido. Na outra vertente da montaña pode verse a Pista do Marroquí. Continuamos ascendendo deixando o camiño que sae novamente á esquerda e seguindo paralelos ao río. Tras un cansino subir, chegaremos ao alto de Correchouso ( 7 km aprox.). A partir de aquí seguiremos pola esquerda pola estrada, que é a que nos conduce a Laza. Á dereita pronto veremos o pobo de O Navallo.

Antes de que a estrada inicie unha forte baixada, localizaremos un camiño que sae á esquerda. Tomaremos este e así empezaremos de novo a ascender de xeito progresivo. Chegaremos ao Alto do Lastredo (783 m).

Pronto o camiño comeza a baixar de novo cara o Barranco da Armada. Tras o forte descenso, chegaremos de novo ao cruzamento co camiño de subida. Desde aquí, seguindo pola dereita, regresaremos polo camiño inverso ata a Piscina Fluvial de Laza.

Lonxitude: 16 KM
Tempo (aprox.): Sendeirismo: 3 H 30′
Mountain Bike: 2 H
Dificultade: ALTA
Desnivel: ALTO
De interés: Pódese contemplar a fermosura do barranco polo que discurre o río, piñeiros autóctonos, vistas dos montes de Trez e As Eiras. Percorrido da Pista do Marroquí.

Planos e perfiles do percorrido