No Concello de Laza podes disfrutar da natureza relaxándote nalgún dos seur recunchos. Mires por onde mires, a natureza pura e sen contaminar, invade os teus instintos.

Ubicado nun entorno rodeado por os montes do Macizo Central galego, o Concello de Laza está moi próximo a outros entornos que tamén nos podemos acercar a visitar.

Merendeiros

O Concello conta tamén con merendeiros situados en distintos pobos, construídos para facer esas comidas en familia rodeados da natureza. Unha zona para unha merenda ou comida ao aire libre, que nos aportan máis á nosa vida familiar.

Pouco a pouco fóronse construíndo merendeiros ou zonas habilitadas para facer unha comida campestre, dotados con un mínimo de comodidades. Así, dispoñen de algunha fonte de auga cerca, parrillas para asar, mesas e bancos de madeira, etc.

Están colocados estratexicamente, así podes disfrutar coa familia en sitios completamente distintos.

Hai merendeiros en:

  • Tamicelas
  • Soutelo verde
  • Souteliño
  • Laza
  • As Eiras
  • Cerdedelo
  • Matamá
  • Retorta

 

Miradores e panorámicas

Poder recrear a vista non hai como facelo como o fan os paxaros. A capacidade de voar só é par uns poucos, pero desde algúns lugares asemellámonos a eles. Estes son algúns exemplos de miradores do Municipio.

O Concello de Laza está formado por montes que superan facilmente os 1.000 m. de altitude. Si nos situamos en puntos estratéxicos dominantes, podemos contemplar os fermosos vales regados polos ríos Támega e Cabras, así como outros vales de menor tamaño pero non menos importantes.

Elixe o lugar que consideres interesante, accede hasta el usando unha bicicleta, vehículo ou andando. Seguramente o esforzo valerá a pena.

Posta de sol desde As Pisadiñas

Posta de sol desde as pisadiñas

Alto da Travesa

Vistas panorámiscas desde:

  • Alto da Travesa
  • Alto do Lombo da Forca
  • Alto do Lastredo
  • Petroglifo “As Pisadiñas”

 

Piscinas fluviais

No Concello de Laza tamén atopamos outras cousas que nos aportan paz e tranquilidade na nosa vida diaria. As piscinas fluviais que se atopan no Municipio aportarannos ese ápice de relaxación que necesitamos.

O Concello conta con unha serie de piscinas fluviais que fan os veráns máis frescos.

Contan con zonas verdes para tomar o sol ou zona de arboado para os momentos de máximo calor. Así mesmo, dispoñen de merendeiros para as comidas en familia.

A temperatura da auga pode ser un problema para aqueles que estean afeitos ás praias. A favor teñen o disfrutar de unha auga limpia, dulce e onde non está molestando a area.

Piscina de Laza (O Regueiro Seco)

Piscina de Laza (O Regueiro Seco)

Hai piscinas fluviais en:

  • Laza
  • Tamicelas
  • Soutelo Verde
  • Matamá
  • Retorta