Orixen

Cóntannos algúns historiadores que no pasado do val de Laza viviron os Tamagos, de onde tamén colle o principal río o seu nome: Río Támega.

Os restos arqueolóxicos atopados na zona son abundantes, onde a cultura castrexa e romana tivo asentamentos. As terras estiveron sometidas aos dominios do Conde de Monterrei, residindo en Laza o correxidor que gobernaba por delegación do Conde. A zona que agora é a Parroquia de Trez estivo baixo control do Conde de Montezuma, Marqués de Tenebrón; mentras que na parroquia da Alberguería, tiña Coto xurisdiccional o Arcediago de Varonceli.

Podedes ver un pouco máis ampliada a historia do val, visitando este blog:

Arte

No Municipio temos infinidade de restos arquitectónicos, dende a época da idade de bronce ata os máis recentes, sobre todo os de ámbito relixioso.

Estes son algúns dos restos máis representativos do noso Municipio:

  • Petroglifo “As Pisadiñas”, en Laza.
  • As Ferraduras, en Soutelo Verde.
  • Castro dos Mouros, en Soutelo Verde.
  • Restos atopados dun forno, en Souteliño. (En estudio)
  • A Coroa, asentamento fortificado en Carraxó.
  • A Cidadella, asentamento fortificado en Carraxo.
  • Lombo da Cerca, asentamento fortificado enTrez.
  • A Picota, asentamento en Camba.
  • Restos do antigo Castro de Laza, en Castro.
  • A Igrexa Parroquial de Retorta – monumento relixioxo máis representativo do Concello -, que se comezou a construir a comezos do século XIV.
  • A Igrexa Parroquial de Laza, con influencias de estilo toscano con torre rematada en capitel. Posúe catro altares barrocos recubertos por pan de ouro.
  • A Igrexa Parroquial de Castro, de planta rectangular, nichos neoclásicos e dedicada a San Pedro, do século XVIII.
  • Cruceiro de Laza – que ten a peculiaridade de ser o único con pozo -, e os de Matamá e Retorta