Relación de libros ou textos nos que se fai relación ao Concello de Laza.

Si coñeces algún máis, non deixes de facerlo chegar enviando un correo a esta web.

Verín e Monterrey

” O territorio comprendido nesta área turística articúlase en torno a un dos principais vales da provincia, o Val de Monterrei que se estende por ambas marxes do río Támega, o máis importante dos que o sulcan. Rodean ó val numerosos cumios, os cales conforman as serras, que nomeadas sucesivamente de norte a sur son: Serra de San Mamede,Serra de Queixa, Montes do Invernadeiro, Serra das Teixeiras, Serra de Penas Libres e Serra de Larouco, entre estas dúasúltimas e ó sur do territorio, ten a súa saída o río Támega, adentrándose no veciño país de Portugal, limítrofe polo leste e sur. A maior altitude correspondeó Alto do Gancedo en Laza, cos seus 1.498 m.s.n.m. A máis baixa á saída do val,é a fronteira en Feces de Abaixo con 350 m. Comprende os Concellos de Laza, Castrelo do Val . . .”

Ruta da Prata

“O obxectivo desta guía-folleto é o de divulgar unha ruta de tradición xacobea. Referímonos ó camiño que, procedente da “Vía da Prata”, se dirixe dende Zamora a Santiago por Tábara e Puebla de Sanabria para despois, aTravesando a provincia de Ourense, chegar a Santiago de Compostela. Este camiño da Vía da Prata é unha alternativa á peregrinación a Santiago, que polo seu interese paisaxístico e incluso humano resulta dun gran atractivo, xa que o camiñante . . . “

Entroidos da província

UN RITO ANCESTRAL ” Esta frase de Caro Baroja é un bo comenzo para adentrarse na descrición do Entroido ourensano. O Entroido chega ata os nosos días pola forza da pervivencia de ancestrais ritos e arraizadas crenzas,das que a orixe se perde na noite dos tempos,e pola idiosincracia do pobo galego,tan apegado ó seu. Isto propicia á vez que se conserve senón na súa pureza xenuina, si con poucas alteracións no que toca a aspectos non esenciais. A desaparición de labores e materiais tradicionais leva á carón a necesaria aceptación do disponible,así vemos cousas novas no canto doutras como tecidos,calzados,adornos, etc . Esto non é negativo, como poida parecer,xa que aspectos tales como o colorido, alixeiramento de peso dalgúns atavíos e o perfeccionamento . . .”

Turismo natural

O obxecto desta guía é o de ofrecerlle ó visitante, de forma sucinta, un abanico de posibilidades para o gozo do seu tempo libre en contacto coa natureza, ben sexa en estado puro, entendendo por tal aquel espacio con mínima intervención antropóxena, ou ben se trate de espacios reordenados polo home. Emporiso, o obxectivo primordial do folleto é o de trata-los primeiros, é dicir, os grandes espacios e os seus enclaves, ou sexa os que dentro daqueles forman reductos singulares polas súas características especiais (alto valor botánico, faunístico, etc.). No que atinxe ós segundo . . .”

Festas da província de Ourense

“Nunha terra de “romaría interminable” non resulta fácil compendia-lo que é a realidade lúdica.En terras de duro labor, consecuencia da súa abrupta orografía, o establecemento de descansos periódicos era una necesidade, de aí que houbese máis dunha festa relixiosa -diso hai que exceptua-lo entroido e outros costumes festivos- así vemos como unha mesma parroquia celebraba o santo patrón e tamén, digamos, copatrón. Ámbolos dous, respectivamente, adoitaban coincidir con ciclos ben definidos, unhas veces previos e outras posteriores a grandes labores agrícolas.Outras veces, os ciclos eran estacionais. Aquilo deixou unha herdanza costumista de profundo arraigamento…”

Eu tamén fun Peliqueiro

Nesta novela-crónica de Ánxela Gracián (Castroverde-Lugo, 1968) preséntasenos con moito detalle o entroido de Laza. Como se trata dunha festa tradicional de moito colorido e farra, Coquixo optou por mostrarnos unhas ilustracións moi realistas axeitadas ao texto. Tomando como inspiración o entroido de Laza e a figura dos peliqueiros, tan coñecidos e admirados, descríbesenos cómo se vive nesta vila ourensá esta festa tradicional e ao mesmo tempo a vida, vestimenta, actividade… dos peliqueiros, e incluso cómo son considerados pola conciencia popular, sendo estes a alma mater da celebración. No relato, Alberto, o protagonista, reivindica e defende o seu dereito a se dedicar á farándula, á diversión, á fantasía e á sabedoría popular, despois de herdar por convicción os saberes da súa avoa.

Laza: O Entroido enxebre

Blanco Conde , Xesús

OURENSE : DEPUTACIÓN PROVINCIAL , 2000

139 P . , 23 CM , RÚSTICA . P . V . P . : 1500 PTS

ISBN . 84 – 87575 – 81 – 1

O Entroido en terras de Monterrey

Dasairas, Xerardo

Non se coñecen máis datos. Si alguén sabe algo máis de este libro podefacelo chegar aquí.

Verín y comarca

Rolán Fernández, Adolfo

Everest Non se coñecen máis datos. Si alguén sabe algo máis de este libro pode facelo chegar aquí.

Camba: un pobo, unha xente, unha historia

Dominguez Prieto, Elías

Non se coñecen máis datos. Si alguén sabe algo máis de este libro podefacelo chegar aquí.

Entroido ancestral

CARNIVAL IN THE PAST ( EL CARNAVAL ANCESTRAL)

Carlos Puga, Nacho Gómez, Xerardo Dasairas.

Os entroidos de Ourense: de Xinzo de Limia, de Vilariño de Conso, de Verín, de Laza, de Viana do Bolo. Galicia en estado puro, Galicia ancestral. As excelentes fotografías de Carlos Puga e Nacho Gómez acompañan ós textos de Xerardo Dasairas, textos galegos traducidos tamén ó inglés e ó castelán.

Galego, español, inglés: 24,5 x 31. 126 páx. 34,00 €
I.S.B.N.: 84-8289-209-6

O Carnaval en Galicia

Federico Cocho de Juan (Ed. Xerais)

Carnaval ou entroido, que tanto ten. E tamén introido, antroido, entrudo, entrudio ou entroiro, segundo as zonas. Tempo que se precede á Coresma no calendario tradicional. Festa da transgresión e da burla que é, tamén, purificación, parodia,. . .