¿Que podes facer no Concello de Laza?

No Concello de laza temos certos lugares que non debes deixar de visitar. Uns son importantes dende o punto de vista histórico, outros artísticamente falando e outros simplemente por ser un pequeno paraiso natural.

O máis importante de todos eles é sen dúbida (ao meu entender), o entorno xeral no que está situado o noso Concello. A paraxe espectacular dos montes e vales que nos rodean forman un conxunto maxistral.

 

Sitios que visitar e lugares de interés

Casco vello de Laza

No que poderás contemplar o centro neurálxico onde se celebra o Entroido. Un paseo pola Picota e pola Rúa, onde poderás contemplar o Cruceiro da Rúa, único por ter por base un pozo.

Imaxe de "MEGALITICA", wikilock

Imaxe da AC. Alto Támega

Imaxe da AC Alto Támega

As Pisadiñas

Trátase de unha peneda, un petroglifo, na que se atopan incrustadas, talladas, diversas formas. Para ampliar a información, podes consultar aquí.

Si desexas visitar a peneda, utiliza esta wikiloc de MEGALÍTICA: Ruta

Tamén podes descargar o Catálogo do Patrimonio Arqueolóxico do Concello:

Catálogo

A pista do Marroquí

Un percorrido a carón da vía do tren, entre Cerdedelo e Correchouso, e que continúa ata o vecino pobo de Prado, no Concello de Vilar de Barrio. Coa construcción ferroviaria a través dos montes do Concello, fixo imprescindible unha pista de abastecemento, que transcorre sinuosa paralela á vía férrea. As vistas para o barranco do río da Armada son espectaculares. Ésta e outras rutas, podes consultalas aquí.

Igrexa de Retorta

A Igrexa de Retorta é un dos poucos exemplos da arquitectura gótica en áreas rurais. Esta igrexa ten algunha relevancia para o feito de ser un dos poucos exemplos da arquitectura gótica en Galicia rural, pese a que conserva elementos románicos.

Dentro foron descubertos dous cadros interesantes, probablemente do mesmo período que a propia igrexa. Destaca a torre cunha fiestra, decorada con Labras heráldicas.

Cruceiros

No Concello destacan catro cruceiros de pedra, tallados en granito, de unha excelente beleza. Están ubicados en Retorta (lo calidade na que hai dous, un no pobo e outro na igrexa), Matamá e Laza.

Destacaremos o de Laza, ubicado no barrio da Rúa, por ser o único coñecido con pozo en Galicia.

 

Festas de interés cultural

O Concello de Laza pode presumir de ser unha terra rica en diversidade cultural. Tradicións arraigadas no tempo, que se manteñen intactas pese aos tempos que corren. Tradicións que forman actualmente un dos panoramas de interés cultural da provincia de Ourense e como non, do panorama galego ou nacional, como o Entroido.

ENTROIDO

LAZA

Para as xentes de Laza é a festa máis grande do ano. Mozos e maiores preparan, organizan, gozan e viven dun xeito especial estes días. Os nenos, dende pequenos, levan “no sangue” este espírito que os maiores vanlles transmitindo do Entroido. Non hai máis que velos, cando a penas dan un paso nas súas vidas xa van vestindo o seu traxe de Peliqueiro, que con tanto coidado fixeron as súas nais ou xastres. O Entroido formará parte das súas vidas dende a máis tenra infancia ata o final dos días de cada “lazano”.

SANTO CRISTO

LAZA

Santo Cristo é outra das tradicións do pobo de Laza, coa diferenza de que esta é unha tradición relixiosa, ao contrario do Entroido. O día principal é o 3 de Maio, pero normalmente celébrase o fin de semana máis próximo ao día principal, para que poidan acudir a maior parte da xente.

Consiste nunha serie de actos relixiosos nos que se representan a Adán e Eva e o Sacrificio de Isaac. Todo isto acompañado por un baile tradicional dos Danzantes, así como outros ritos e tradicións.

MOUROS E CRISTIÁNS

RETORTA

Os Mouros e Cristiáns de Retorta, son outra das citas importantes que non se deben deixar pasar. Enmarcado dentro das festas da Santa Mariña, en xullo, representan a batalla dos mouros e cristiáns, na que os primeiros foron expulsados.

A tradición manda. Os actores son os propios veciños do pobo que, da mellor maneira posible, intentan representar tal cita da historia. Inmersos nos papéis, son dous os principais protagonistas que, durante a representación, desafíanse de maneira contante, rematando ésta cando o soldado mouro perde a batalla.