O Concello de Laza dispón de servizos básicos de atención ao cidadán.

 

Entre os servizos máis destacados atópanse:

  • Casa do Concello
  • Salón cultural
  • Oficina de Correos
  • Albergue de peregrinos
  • Pavillón de Deportes
  • Pista de Padel
  • Centro de Saúde
  • Protección Civil
  • Farmacia
  • Tanatorio
  • Taxis
  • Heliporto de aeronaves contra incendios
  • Piscina fluvial
  • C.E.I.P “O Castiñeiro”
  • Supermercados
  • Carnicerías
  • Bares e cafeterías
  • Restaurantes
 

 

Instalacións

O Concello de Laza conta con instalacións deportivas para cubrir algunhas das necesidades dos seus veciños: un Polideportivo Municipal, varias Piscinas Fluviais para a época estival en distintos pobos, etc..

Pavillón polideportivo

Dende fai uns anos, o pobo de Laza conta con un polideportivo. Situado no Toural, forma parte dun pequeno complexo adicado ao deporte.

Dentro do pavillón podemos practicar fútbol sala, baloncesto, voleibol, patinaxe en liña, etc., ou calquera outro deporte que se adapte a este tipo de instalación.

Campo de fútbol

Nun lateral do Polideportivo atópase o Campo de Futbol, de herba natural. O estado no que se atopa non é o que todos desexariamos. O acceso é libre.

Piscinas fluviais

Cando a calor empeza a chegar, o Concello de Laza conta con varias Piscinas Fluviais. Ademais dispoñen de zona de Merenderos, que fan o noso baño máis relaxante. O acceso é libre.

Hai piscinas fluviais en: Laza, Tamicelas, Matamá, Soutelo Verde e Retorta. Cada unha delas co seu encanto.

Pista de padel

Desde a primaveira do 2015, Laza conta con unha pista de padel. O éxito desta instalación foi rotundo. Cada verán, organízase un Open de padel, organizado por un grupo de persoas do pobo.

Parque infantil

No Toural, en Laza, poden disfrutar os máis pequenos da casa dun parque infantil, que reúne todas as condicións de seguridade para os máis pequenos.

O mellor de todo é o lugar no que se atopa, xa que está apartado do tránsito de vehículos, dentro do complexo do Toural.

Albergue de Peregrinos

Trátase de un dos albergues con máis éxito de todo o Camiño de Santiago. Dende a súa construcción, cada ano acolle a miles de peregrinos que deciden pernoctar en Laza. É xestionado por Protección Civil de Laza, onde os peregrinos se dirixirán para poder facer uso del.

Educación e infancia

Laza conta con un centro escolar, no que se inparte formación a nenos para a Educación Básica Obrigatoria (así como nenos con necesidades educativas especiais), Educación Primaria e Educación Infantil.

C.E.I.P. “O CASTIÑEIRO”

Trátase de un colexio público, dependente da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Podes consultar a actualidade escolar na web do colexio:

http://centros.edu.xunta.es/ceipocastineiro/

ou a través do peril de Facebook:

https://www.facebook.com/ceip.castineiro