Posto de traballo no Concello de Laza

O Concello de Laza, por Resolución do 28.11.2016, aprobou as bases ás que se axustará a selección e contratación dun posto de limpador para instalacións municipais do Concello de Laza, con bolsa de contratación entre os aspirantes non seleccionados.


Publicado no Boletín Oficial da Província o día 30 de novembro.

VER >>

 

Prazas: un (1) limpador; con bolsa de contratación entre os aspirantes non seleccionados.

Modalidade contractual: obra ou servizo determinado.

Lugar e prazo de presentación de instancias: os interesados poderán presentar as súas solicitudes no Rexistro Xeral do Concello de Laza durante o prazo de 5 días naturais, contados dende o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP de Ourense ( publicado no BOP o día 30 de novembro).

Documentación: xuntarase á instancia os méritos que se aleguen xunto cos documentos acreditativos destes.

Poderanse consultar as bases para a contratación no taboleiro de anuncios do concello de Laza en horario de 09.00 a 14.00 horas durante o prazo de presentación de instancias, e na páxina web www.laza.es.

Extracto do BOP Ourense do 30/11/2016

0
  Artigos relacionados
  • No related posts found.