Portal informativo do Concello de Laza

ÚLTIMAS NOVAS NO BLOG

HISTORIA...

DAS RÚAS, CRUCEIROS E LENDAS

Rúas empinadas e estreitas acollen as historias dos pobos. Casas de pedra, teitos de pizarra e balconadas de madeira que en tempos contaban con unha gran poboación, están agora valeiras. Un paseo pola historia das mesmas, imaxinando como poderían ser aquelas vidas en tempos duros, te fagan valora o que hoxe temos.

NATUREZA...

UN ENTORNO NATURAL IMPRESIONANTE

Uns frondosos bosques centenarios formados piñeiros, soutos, carballeira, vidueiros, conforman a flora autóctona da zona. Neles, podes perderte escoitando o cantar do cuco, o son do vento. Optar por dar un paseo polas inumerables pistas que percorren os nosos montes, pode levarte a olvidar o mal día e recuperar novamente o estado emocional.

DEPORTE...

SENDEIRISMO, MTB...

Kilómetros de pistas… Así se define o deporte no entorno si eres un amante da bicicleta de montaña, carretera, sendeirismo ou trailrunning. Pode ser que te atopes dentro dun dos paraísos deportivos galegos dadas as inmensas rutas que podes facer, e sempre adaptable a todos os niveis de dificultade. 

CULTURA...

FESTAS ANCESTRAIS

Atopámonos nun do enclaves máis importantes das festas ancestrais de Galicia. Como evento máis importante atópase o recoñecido Entroido de Laza, si ben non se poden esquecer outros eventos como poden ser o Santo Cristo, en Laza; ou os Batalla de Mouros e Cristiáns, en Retorta.