Laza.info
Última Hora:   Próximo evento del Municipio:
     
 
 
Envía os eventos ou festas aquí  
Envía calquera outro acontecemento do que teñas constancia e non se atope aquí
     
 
 
:: Home
:: Últimas noticias
:: O Concello
:: Actividades para facer
:: Festas de interés
:: Rutas polos arredores
:: Contacta co autor
 
 
> Área de Usuarios
:: Administración
 
 
Estadísticas web
 
Blog de noticias do Concello de Laza
 
 
  Noticias da 1 á 10 de 19 totais.
 
Fotos da "III Festa da Cerdeiriña 2008"  Administrador | 04/08/2008

Festa da Cerdeiriña 2008No seguinte ligazón de máis abaixo tedes algunhas das fotos da "III Festa da Cerdeiriña 2008". Si algúen de vós posúe algunhas outras, pode enviarmas a contacto@laza.info.

En nome de todos os veciños da Cerdeiriña, queremos darvos as gracias por a vosa paciencia para cear. Cada ano a cousa complícase xa que o nº de comensais vai en aumento. Este ano a cousa andivo nuns 270 comensais.

Parece ser que hai/houbo algunhas críticas/comentarios sobre o menú. Sobre a Paella que nos preparou a todos o "Perche" creo que non hai nada que decir. Un ano máis nos deixa sorprendidos. Sobre o segundo prato, o xamón asado, é verdade que estaba un pouco seco. Foi asado na noite do venres ao sábado. Como todos entendedes, o forno non pudo deixar de cocer o pan do sábado para poder asarnos a nós os xamóns. Motivo máis que claro. Tamén parece ser que en algunhas mesas quedaron algo faltos de carne. Decirvos a todos que se informou reiteradamente que había paella e carne para repetir. Asegúrovos que sobrou moito de todo. Cando se recolleron as mesas había bastantes bandexas de carne case que sen tocar.

Os veciños da Cerdeiriña pídenvos comprensión e gañas de volver o ano que vén. O reto é moi dificil, pero intentarán mellorar. Tamén piden que todos os veciños da Cerdeiriña participen e colaboren na organización e nos preparativos, para que todos o disfrutemos un pouco máis e todos teñamos unha mellor cea.

Unha vez máis, moitas gracias a todos, e esperámosvos o ano que vén.

Fotos da Cea

 

 
Blog de "Lembranzas do Entroido de Laza"  Administrador | 07/07/2008

Blog de "Lembranzas do Entroido de Laza"

 Visitar o Blog

Coa intención de recoller os sentimentos de aqueles que viven o Entroido, está á súa disposición este Blog de "Lembranzas do Entroido de Laza", no que poden deixar reflexado o que é para eles.

 

 

 
IX Jornadas por los Derechos de la Caza  Administrador | 02/07/2008

Texto extraído da Web "Club de Caza"

IX Jornadas por los Derechos de la Caza"Los próximos días 5 y 6 de julio tendrá lugar en la localidad Ourensana de Laza las IX Jornadas por los Derechos de la Caza que organiza UNITEGA con la colaboración de la ACE (Asociación del Corzo Español), el Colegio Oficial de Ingenieros Técnicos Forestales de Galicia, la UNAC (Unión Nacional de Asociaciones de Caza) y la Consellería de Medio Ambiente y Desarrollo Sostenible de la Xunta de Galicia."

 
Fondos de Escritorio na Sección de Descargas  Administrador | 07/06/2008

Para todos aqueles que se rexistraron na web, xa dispoñen de unha colección de fondos de pantalla de creación propia. Todas as imaxes foron sacadas nas distintas viaxes que fun facendo, tanto dentro como fóra de España.  

Entra na Área Privada/Descargas e coloca o que guste como Fondo na túa pantalla do ordenador.

 
Laza.info, gañadora do mes de Maio en Lirondo.com  Administrador | 03/06/2008

Concurso "La mejor Web del año" Lirondo.comUn mes máis Laza.info é a gañadora do des de Maio no concurso que se está desarroiando no portal Lirondo.com. Coa axuda de todos vós a web Laza.info é mais visitada e máis coñecida.

Para seguir aumentando os votos de Laza.info, debes visitar Lirondo.com e rexistrarte. Despois, accede á sección Concursos Lirondo/Mejor Web 2008 e vota .

 
Fotos do Santo Cristo 2008  Administrador | 07/05/2008

Alba - Eva Santo Cristo 2008Entra no Álbum da Web e disfruta das fotos do Santo Cristo 2008 que comparte o Iván con todos.

Para todos aqueles que non o saibades, a Alba foi a Eva 2008. Noravoa porque o fixeches moi ben. Unha pena porque non lle comín o roscón.

Podes entrar ao Álbum dende aquí.

 
Plan de Ordenación Municipal do Concello de Laza  Administrador | 28/04/2008

O Concello de Laza xa conta con un Plan de Ordenación Municipal. Podes consultalo na Web do Concello (www.laza.es) ou podes acceder aos contidos dende aquí, xa que preparei uns accesos máis doados.

As ligazóns poden ser directas aos arquivos ou a un directorio, no que debedes de elexir o arquivo que vos interese ver. Os arquivos son de gran tamaño, polo que a descarga é lenta (depende do acceso que teñades a internet).

Plan de Ordenación Municipal:

 
Campión Liga Fútbol Sala 2007-2008  Administrador | 24/04/2008

 Campión Liga Local 2007-2008

Ampliar imaxe

O equipo de Fútbol Sala do Concello de Laza, proclamouse recentemente Campión da Liga Local 2007-2008 que se celebra cada ano na localidade de Verín. Para todos os participantes do equipo,

¡ Felicidades! ¡Que sigades gañando!

 
Santo Cristo 2008  Administrador | 17/04/2008

 Santo Cristo 2008

Xa está dispoñible na sección de Festas o cartel do Santo Cristo 2008. Nel atópanse descritos os actos e datas nos que se van celebrar os acontecementos.

 Visita do Santo Cristo

 
Expedición á Cordilleira do Atlas (Marruecos)  Administrador | 29/03/2008

 Expedición ao Atlas (Toubkal, 4.167 m)

Ampliar imaxe

Como algúns sabedes,e moi ao meu pesar, este ano non fun ao Entroido a Laza. O motivo foi que como as vacacións do ano non dan para facer todo aquelo que un quere, pois este ano viuse o Entroido sacrificado.

O pasado 1 de marzo, xunto con uns montañeiros asturiáns e un leonés, aventurámonos na conquista do Atlas. A viaxe durou 9 días moi intensos.

O punto de partida foi o día 1 Madrid-Marrakech . . . Mellor invítovos a que visitedes o noso Blog da aventura que creamos entre todos. De momento está en fase de ampliación, pero xa hai moito que ler. Esta é a dirección:

www.travesiaenelatlas.es.vg

Espero que vos guste. Gracias por visitalo!

 
  Noticias da 1 á 10 de 19 totais.
 
Seguinte Último

 

 
 
Navegas en Galego   Español  
:: Axenda do Concello
:: Hemeroteta de Prensa
:: Actualidade do Concello
:: Libros e Textos
 
:: Álbum de Fotos
:: Videoteca
:: Reportaxes
 
:: Direccións e Teléfonos
:: Links de Interés
:: Webs do Concello
:: Empresas do Concello
:: O tempo
:: Mapa da Web
 
:: Rutas polo Concello
:: Festas do Concello
:: Ocio e Relaxación
:: Visita os Parques Naturais
:: Outras Alternativas
 
:: Travesía en el Atlas
:: Camiño de Santiago
 
 
© Laza.info

Cultura, natureza e tradicións do Concello de Laza

Web creada e desarroiada por José Manuel Aguiar - contacto@laza.info