Laza.info
Última Hora:   Próximo evento del Municipio:
     
 
 
Envía os eventos ou festas aquí  
Envía calquera outro acontecemento do que teñas constancia e non se atope aquí
     
 
 
:: Home
:: Últimas noticias
:: O Concello
Situación / Cómo chegar
Historia/Arte/Tradicións
Alcaldía
Corporación Municipal
Grupos Políticos
Servizos Municipais
Servizos Sociais
Instalacións Deportivas
:: Actividades para facer
:: Festas de interés
:: Rutas polos arredores
:: Contacta co autor
 
 
> Área de Usuarios
:: Administración
 
 
Estadísticas web
 
O Concello de Laza
 
 
 
Situación do Concello de Laza
 

O Concello de Laza atópase ao sur da provincia de Ourense, lindando cos Concellos de Castrelo do Val, Chandrexa de Queixa, Vilar de Barrio, Vilariño de Conso e Sarreaus. As súas terras están bañadas polo río Támega e os seus afluentes río Cabras e río Codias, así como un sen fín de regatos favorecidos pola oreografía montañosa. Cunha superficie de 216,38 kilómetros cadrados é un dos Concellos máis grandes da provincia.

No Concello distinguimos dúas zonas, unha montañosa e outra que é o Val do Támega. A montañosa está formada polas serras de San Mamede, Serra do Invernadeiro ( Espazo Protexido), o Fial das Corzas, os Montes de Meda, etc.

Podemos practicar os deportes da caza, sendeirismo, mountain bike; ou ben recoller os tan saborosos cogomelos dos innumerables pinares. Pola contra, no Val atoparémosnos cos prados verdes regados pola augas do Tamega e os seus afluentes e arroios, onde o deporte da pesca daravos bos momentos de alegría.

Os veciños deste Municipio foron emigrantes, principalmente en Suíza e Alemaña. A día de hoxe queda algunha xeración nestes paises, pero xa se pode dicir que teñen instalada alí a súa residencia. Brasil e Arxentina foron outros países que acolleron nos tempos malos á os veciños do Concello, pero en menor número. O resto da emigración existente no Concello é no territorio nacional ( véxase Madrid, Barcelona e Guipúzcoa principalmente ). Nos veráns, parte destes veciños achéganse a ver ás súas familias, polo que a poboación aumenta dun xeito considerable.

Este val é coñecido en todo o territorio nacional. A súa mellor imaxe publicitaria é a celebración do Entroido. Cada ano visítannos a pasar estas festas xentes de todos os rincóns do mundo. Calquera visitante que se achegue , será bén recibido polos veciños desta comarca.

Teño que sinalar, moi ao meu pesar, que carece das suficientes infraestruturas para aloxar un turismo en masas, pero para tal situacón, o Concello atópase a moi poucos kms dun núcleo urbano maior, Verín.

 
El Tiempo
O Tempo en Laza - Predicción a 7 días e condicións actuais.  
 
 
Cómo chegar
 

Á vila de Laza chegan diferentes estradas: Unha do sur, que vindo dende Verín é vía de acceso a Castela e ao resto de Galicia, e outra do norte que nos une coa parte norte do Municipio e co resto de Galicia.

Asimesmo, dende Laza, podemos acercarnos a traves de pistas aptas para todoterreos á Estación de Montaña de Cabeza de Manzaneda e ao Parque Natural do Invernadeiro.

 
Ampliar mapa acceso
 
Mapa do Concello (Guía Campsa)  
 
 
 
Pobos do Concello de Laza
 

O Concello de Laza está formado por 21 pequenas poboacións de ámbito totalmente rural. A metade se atopan na parte alta do Concello, polo que són poboacións de montaña

A Alberguería,Carraxo, o Santo, Carraxó, O Navallo, Correchouso, Toro, O Pereiro, Cerdedelo, Camba, Trez e as Eiras so os pobos situados na montaña do Concello.

Naveaus, Tamicelas, Castro, Vilameá, Soutelo Verde, Souteliño, Laza, Matamá, Retorta e Arcucelos son os pobos situados no val formado polo Támega.

 
 
 
Casa do Concello
 

A Casa do Concello está situada no centro do pobo de Laza, no barrio do Castiñeiro, ao lado das escolas municipais. Forma parte dun edificio de granito no que comparte instalacións con Protección Civil, co Centro de Saúde, con un salon cultural e coas oficinas de Correos.

Para poñerte en contacto co Concello de Laza pordes facelo mediante o teléfono ou ben a través do fax:

Tlf: 988 42 20 02 - Fax: 988 42 21 02

Tamén podes visitar a Web oficial do Concello en: www.laza.es

 
Casa do Concello de Laza
Concello de Laza
Escudo do Concello de Laza
 
 
 
Navegas en Galego   Español  
:: Axenda do Concello
:: Hemeroteta de Prensa
:: Actualidade do Concello
:: Libros e Textos
 
:: Álbum de Fotos
:: Videoteca
:: Reportaxes
 
:: Direccións e Teléfonos
:: Links de Interés
:: Webs do Concello
:: Empresas do Concello
:: O tempo
:: Mapa da Web
 
:: Rutas polo Concello
:: Festas do Concello
:: Ocio e Relaxación
:: Visita os Parques Naturais
:: Outras Alternativas
 
:: Travesía en el Atlas
:: Camiño de Santiago
 
 
© Laza.info

Cultura, natureza e tradicións do Concello de Laza

Web creada e desarroiada por José Manuel Aguiar - contacto@laza.info