As Tradicións do Concello de Laza pasan por ser unhas das máis famosas e fermosas de Galicia e tamén da Península Ibérica.
Por encima de todo destaca o ancestral Entroido, que ten como figura máis importante o Peliqueiro, mundialmente recoñecido.
Para cando chega a Semana Santa, en Laza recuperouse fai uns anos outra tradición especial típica destas celebracións: a Procesión dos Caladiños, no día de Venres Santo.
Outras das tradicións que aquí se conservan son o Santo Cristo, que cada ano se celebra no mes de Maio. A figura da "Eva" pon o lado misterioso en toda a celebración.
Nos pobos de Retorta e de Trez as loitas de Mouros e Cristiáns invaden as rúas. No mes de xullo, coincidindo coas festas patronais, represéntase a loita de Mouros contra Cristians.
(Ver máis ampliado na sección de Festas) |