O Concello de Laza pode ser considerado rico en Festas e tradicións. A máis importante é o Entroido, que se celebra cada ano no mes de Febreiro ou Marzo. No mes de maio en Laza, celébrase o Santo Cristo, outra das festas recoñecidas polo seu interés cultural.
Outras festas que tamén teñen un gran recoñecemento son os Mouros e Cristiáns de Retorta de Trez.
En Laza estase intentando recuperar a procesión do Venres Santo, chamada a Procesión dos Caladiños.
Os demáis pobos do Concello celebran cada ano a súa particular festa popular, que coincide sempre co día do séu patrono. |