O Santo Cristo é outra das tradicións do pobo de Laza, coa diferenza de que esta é unha tradición relixiosa, ao contrario do Entroido. O día principal é o 3 de Maio, pero normalmente celébrase o fin de semana máis próximo ao día principal, para que poidan acudir a maior parte da xente.
Consiste nunha serie de actos relixiosos nos que se representan a Adán e Eva e o Sacrificio de Isaac. Todo isto acompañado por un baile tradicional dos Danzantes, así como outros ritos e tradicións.
Todo empeza cos ensaios dos Danzantes nada máis finalizar o Entroido. Os veciños pasean por entre os piñeirais para localizar o "Maio" (piñeiro de gran embergadura) e os mordomos da festa, van pensando quen poderá ser a futura Eva.
O último día de Abril, pola noite, tras ser localizado e tallado o Maio, transpórtase ata o pobo para levantalo ao día seguinte pola tarde.
O Santo Cristo vela por todos nós.
|