| |
|
|
|
| |
|
|
| |
| Personaxes e Símbolos do Santo Cristo de Laza |
| |
| Os personaxes dos actos son a base da celebración do Santo Cristo. Destacan todos por igual exepto a Eva, xa que de momento é o personaxe que varía cada ano. |
|
| |
| |
| O Abraham |
| |
| A figura de Abraham representa ao personaxe bíblico que debe entregar a Deus ao seu fillo Isaac, en sacrificio. Aquel ancián, movido pola Fe que lle ten a Deus, así o fai. Actualmente , este papel é representado por o Emilio. |
|
| Fotos: |
 |
|
|
| |
| O Adán |
| |
| O Adán é o personaxe da Biblia que todos coñecemos. Fué nun principio representado por un ancián do pobo. Así o reprenstaron xente como Sixto "Chanfurrita", Xosé "Cesteiro", etc. Últimemente isto cambiou. Os últimos en reprensentarlo foron xente nova como o "Catalán", o Kin do"Ardillas" o "Ñaca" ou o "Perche". Hai certos pensamentos entre algunhas persoas que pensan que se debería elixir a Adán da mesma xeito que se elixe a Eva. Así a sorpresa sería maior para todo o Mundo.
O papel que asume Adán és o de facer reir a Eva, Para conseguilo contaralle historias, contos, chistes, etc., todo aquilo que a súa imaxinación permítalle. |
|
| Fotos: |
 |
|
|
| |
| O Anxo |
| |
O Anxo é representado por unha nena, de pouca idade. Cando Abrahán está a piques de consumar o Sacrificio do seu Fillo, aparecerá de entre as nuves detendo a acción dicindo:
"Abraham, non mates ao teu fillo Isaac, que Deus dase por satisfeito coa túa Fe e obediencia" |
|
| Fotos: |
 |
|
|
| |
| Os Danzantes |
| |
Son seis os mozos que danzan, chamados Danzantes. Son mozos con experiencia nesta Danza tradicional. Cando ensaian, os mociños máis novos achéganse a ver os ensaios. Cando algún dos seis principais non asiste, son eles os que momentaneamente cobren o posto. Así van memorizando os pasos e aos poucos, van memorizando a Danza. Así se vai facendo de xeración en xeración.
Dentro dos Danzantes hai dous grupos: os Mouros e os Cristiáns. En cada grupo hai un xefe, que será o que loite na Batalla, antes de entrar na Igrexa. A indumentaria que levan é branca. Unha camisola e un pantalón curto (por encima do xemelgo), un pouco olgados. Nas mans levan as Castañolas, que fan soar ao ritmo da música, que é tocada por gaitas galegas. Os dous Danzantes principais portan nunha man a Espada da loita. Na cabeza, unha boina branca cun ponpón colgado
|
|
| Fotos: |
 |
|
|
| |
| A Eva |
| |
|
A Eva, a que nos fixera pecar coméndose a mazá do Paraiso, é representada por unha moza do pobo. O papel que desenvolve é o dunha muller seria, que non entra ás grazas do Adán. Deberá evitar que nos seus beizos apareza un sorriso e non deberá de falar. Ofreceralle a Adán a súa mazá do pecado. Mentres, hilará a la a medida que acompañada de Adán.
Días antes, cando os mordomos da festa a elixiron, deberá elixir os seus zapatos brancos para vestir ese día. As vestimentas que leva están confeccionadas con sedas e gasas brancas e azuis. Ao estilo dunha Virxe. Leva un longo veo que lle tapa a longa melena de pelo. Trala celebración de pola mañá, os Danzantes, o Adán e demais membros dos actos, acoden á súa casa. Invitados pola comen do roscón que gañou o Danzante na carreira e doces que lles terá preparados. Tras rematar a merenda, acoden ao baile. Ela loce de novo os zapatos brancos. Por orde, é o Adán o que primeiro baila ca Eva. Despois, será o Danzante gañador da Carreira e os sucesivos na chegada, e os demáis membros dos actos que o desexen.
|
|
| Fotos: |
 |
|
|
| |
| O Isaac |
| |
|
O Isaac, é o neno que vai ser ofrecido en Sacrificio a Deus. É representado por un neno de pouca idade e é o principal persoaxe dentro da representación do Sacrificio.
O momento no que Abrahán está a piques de consumar o Sacrificio é o momento máis emocionante. Ponche a carne de galiña. |
|
| Fotos: |
 |
|
|
| |
| O Loureiro |
| |
| O Rubes, como cada ano, é o encargado de levar durante a procesión relixiosa e os actos un ramo enorme de Loureiro. Está decorado con lazos de cores, un bizcocho (o que se levará o Danzante gañador) e un galo de curral. Acompaña todos os actos durante a celebraciónde a procesión relixiosa |
|
| Fotos: |
 |
|
|
|
| |
| |
|
|
|
|