Laza.info
Última Hora:   Próximo evento do Concello:
     
 
 
Envía os eventos ou festas aquí  
Envía calquera outro acontecemento do que teñas constancia e non se atope aquí
     
 
 
:: Home
:: Últimas noticias
:: O Concello
:: Actividades para facer
:: Festas de interés
O Entroido
O Santo Cristo
A Procesión dos Caladiños
Mouros e Cristiáns de Retorta
Mouros e Cristiáns de Trez
Outras Festas Populares
:: Rutas polos arredores
:: Contacta co autor
 
 
> Área de Usuarios
> Administración
 
 
Estadísticas web
 
O Santo Cristo de Laza
 
 
Actos do Santo Cristo
 
O Santo Cristo de Laza está formado por distintos actos que en conxunto, forman a festa. Os máis destacados son:
 
 
A elección da Eva
 

A elección da Eva corre a cargo dos Mordomos da festa. Mentras estes mantéñeno en segredo, os veciños intentan sonsacar quen é. Do diñeiro recadado para a festa, unha parte destínase aos Zapatos que lucirá a Eva no Día principal.

Na madrugada dos festexos, as mozas e mozos vixiarán a entrada á casa da que sairá Eva ao día seguinte. A casa, por tradición, é a casa Do Afonso "Piche", na praza da Picota.

Fotos:
Eva de 1959
 
Á procura do Maio
 

O último día do mes de abril, despois de cear, xúntanse os veciños do pobo. Hai que ir buscar o Maio. O Maio é un piñeiro de dimensións fóra das habituais, de máis de 30 metros de altura.

  Nos días anteriores, vanse observando os piñeirais dos arredores en busca do idóneo. Cando se localiza, márcase á espera de ir buscalo.

  Chegado o día, cóllese un carro de vacas e tirado por tódolos alí presentes, diríxense ao lugar, cantando cancións. Córtase e cárgase no carro.

  É unha árbore pesada. O traballo custoso para cargalo faise notar. A parte máis pesada colocarase encima de carro. O demais que sobresae será transportado aos ombreiros de tódolos que acoden a buscalo. O eixe do carro non tarda en "cantar". O peso é moito. Ao unísono, carrexadores e carro cantan as súas melodías. De cando en vez, faise unha parada para beber viño e cantar.

  O día un de Maio, a iso das 5-6 da tarde, soarán as campás da igrexa para que todo o mundo acuda. É hora de poñer o Maio de pé de novo. Antes levantábase na Praza da Picota, agora levántanse diante do Concello, moi preto tamén da Picota.

Axudados por cordas e escadas, o Maio comeza a levantarse. No alto, ondeará a nosa bandeira galega.

  En Laza somos algo distintos. As tradicións mantéñense por encima de todo.

Fotos:
O Maio
Carro co Maio
 
 
A Procesión
 
Anteriormente á celebración da misa, iníciase a procesión relixiosa durante a cal celébranse todos os actos representativos. Antes de entrar de novo na Igrexa, fanse as poxas para meter dentro da Igrexa o Santo Cristo e a Virxe (como ofrenda).
Fotos:
Procesión
 
A Danza
 

A danza que fan os Danzantes é un baile moi antigo. Dun lado os tres Danzantes Mouros e ao outro os tres Cristiáns. Enfrentrados os seis, danzan.

Son catro os lugares nos que se baila durante a procesión: no Atrio da Igrexa, na Picota, no Cruceiro da Rúa e na Praza do Outeiro. Son seis veces as que bailan. Repítense no Atrio e na Praza da Picota, logo de rematala misa.

Fotos:
Danza na Picota
Danza no Cruceiro
Danza no Cruceiro
 
O Sacrificio de Isaac
 

Durante a procesión ten lugar na Praza da Picota a representación do Sacrificio de Isaac. Un narrador relátanos a historia mentres os persoaxes móvense polo escenario.

"Deus ordea a Abrahám o Sacrificio do seu Fillo Isaac no Monte Moria. Obedecendo o desexo deste, parten cara ao monte. Polo camiño Isaac, dáse conta do que vai suceder".

Chegados ao lugar elixido por Deus, entre os dous preparan o olocausto. Disposto Abrahám a consumar o sacrificio, un Anxo aparécese de entre as nuves detendo o seu brazo e concedéndolle o perdón de Deus.

De entre as xestas, aparecerá un branco cordeiro que será sacrificado no lugar de Isaac.

Fotos:
Sacrificio de Isaac
Sacrificio de Isaac
Sacrificio de Isaac
 
Loita dos Danzantes
 

Finalizada a procesión, na porta da Igrexa, os dous Danzantes que portan as espadas, bátense nun dolo. Simboliza a vitoria dos Cristiáns contra os Mouros.

O desafío realízanse mediante un verso.

Fotos:
Loita dos Danzantes
Loita dos Danzantes
 
A Misa
 
O Acto do Santo Cristo de sesenvólvese dentro dun marco Relixioso. Xa que logo, celébrase a Santa Misa, que é a culminaciónde a procesión e os actos tradicionais.
 
Fotos:
Fotos non dispoñibles
 
A carreira dos Danzantes
 
Rematada a misa, o séquito que acompaña á Eva acompáñana de novo á casa. No instante en que ela asómase polo balcón para despedirse, os Danzantes comezan a carreira ata a Igrexa. O que primeiro chegue levarase como premio o roscón do ramo do loureiro e o ser o segundo que baile coa Eva (logo de Adán(, no baile de pola tarde. Os demais, bailarán no mesmo orde de chegada.
 
Fotos:
Carreira dos Danzantes
 
 
Navegas en Galego   Español  
:: Axenda do Concello
:: Hemeroteta de Prensa
:: Actualidade do Concello
:: Libros e Textos
 
:: Álbum de Fotos
:: Videoteca
:: Reportaxes
 
:: Direccións e Teléfonos
:: Links de Interés
:: Webs do Concello
:: Empresas do Concello
:: O tempo
:: Mapa da Web
 
:: Rutas polo Concello
:: Festas do Concello
:: Ocio e Relaxación
:: Visita os Parques Naturais
:: Outras Alternativas
 
:: Travesía en el Atlas
:: Camiño de Santiago
 
 
© Laza.info

Cultura, natureza e tradicións do Concello de Laza

Web creada e desarroiada por José Manuel Aguiar - contacto@laza.info