Comezaremos a ruta na Ponte do Couto. Un camiño que se mete á esquerda, por medio dos prados e terreos de cultivo, en dirección ao río Támega.
É un percorrido moi cómodo. Continuaremos polo evidente e sempre paralelos ao río. Cando cheguemos a un cruzamento coa estrada que vai a Souteliño, continuaremos por esta cara á ponte que aTravesa o río. Tras cruzar esta, continuamos polo camiño da esquerda, esta vez pola marxe dereita do río.
Seguindo sempre co río á nosa esquerda, adentrarémosnos nos bosques de carballos da Veiga e Barxe Escura.
Cando cheguemos a un novo cruzamento con dous camiños, elixiremos entre un percorrido máis cómodo ( Esquerda) ou un pouco máis dificultoso (dereita). Ambos levarán á Ponche Pedriña. Unha vez aquí, localizaremos un camiño que sae cara ao Leste, a uns 100 m antes da ponte (en dirección a Verín).
No cruzamento de camiños colleremos o da dereita. O río agora quédanos á nosa dereita. Continuando este sen ningún desvío, chegaremos a Matamá.
Unha vez en Matamá, preguntaremos a algún veciño polo camiño que nos leva ata a ponte de Retorta. Será deste xeito máis fácil atopalo. Chegaremos á ponte sobre o Támega en Retorta. Cruzaremos este e seguiremos polo camiño da esquerda en dirección a Arcucelos, onde finaliza a ruta, ou tomamos o camiño de volta pola mesma ruta. |