Laza.info
Última Hora:   Próximo evento del Municipio:
     
 
 
Envía os eventos ou festas aquí  
Envía calquera outro acontecemento do que teñas constancia e non se atope aquí
     
 
 
:: Home
:: Últimas noticias
:: O Concello
:: Actividades para facer
Practica Deporte
Reláxate no Concello
Ocio e Diversión
Rutas
Parques Naturais
Outras Actividades
:: Festas de interés
:: Rutas polos arredores
:: Contacta co autor
 
 
> Área de Usuarios
> Administración
 
 
Estadísticas web
Rutas polo Concello de Laza
 
 
Rutas polo Concello de Laza
 

No Concello de Laza atopamos unha rede inmensa de camiños e carrouchos que percorren a súa orografía: itinerarios como para perdernos no tempo como a Vía da Prata ou pequenos percorridos que podemos facer coa simple axuda de un mapa.

Así pois, en función da nosa preparación física, podemos afrontar algún dos percorridos que poden servir como exemplo: Ruta da Armada, Ruta da Mallada Grande, Ruta das Minas, Ruta da Pista do Marroquí, Ruta da Travesa ou a Ruta do Val do Támega.

Para os máis atrevidos falaremos da Vía da Prata. Ruta que percorre a Península de Sur a Norte. Laza, é cruce de camiños: o Camiño do Sur -que ven de Castela- e o Camiño Portugués - que como o nome indica, é o que ven procedente do país veciño-. Aquí trataremos soamente a parte que transcorre polo Municipio de Laza.

No desarroio das rutas os tempos así coma os km, son orientativos. Todos tendo en conta unha condición física inferior á normal. Si consideras que hai algún erro ou que algunha cousa non corresponde coa información que se facilita, podes comunicalo a través do contacto da web.

 
 
Recomendacións básicas
 
  • Levar sempre material en bo estado adecuado a cada deporte.
  • Imprescindible o uso dunha cantimplora, asou como portar algún tipo de alimento enerxético.
  • Recoméndase levar algún plano da zona, así como unha brúxula (coñecer o uso) e un teléfono móbil. Anotar os números de urxencia.
  • Importante comunicar a algunha persoa o que imos facer ou a ruta que imos seguir. Se durante o percorrido esta cambiase deberiamos comunicalo. Tamén deberiamos indicar a hora aproximada de regreso con algunha marxe de erro.
  • Se dispoñemos de telefonía móbil ou doutro medio de comunicación, deberemos levalo, facilitando o noso número.
  • Intentar programar a nosa actividade con marxe suficiente para que non se nos faga de noite.
  • Intentar realizar a actividade sempre acompañado, se é posible por un mínimo de 2 o 3 personas.
 
 
En caso de Accidente
 

Ante calquera accidente debemos da gardar calma ante todo. Valorar o tipo de accilente e sobre todo non  alarmar si non é de gravedade. Si polo contrario as feridas son de tal gravidade que se necesita evacuación, deberemos de recabar a seguinte información antes de chamar a os números de Emerxencia:

  1. Lugar exacto no que nos encontramos De non saber onde estamos, deberemos intentar localizar algún punto ou lugar de referencia.
  2. Síntomas
  3. Tipo de accidente, nº de feridos, etc.
  4. Teléfono de contacto se dispoñemos del.
  5. Chamar ao centro de Urxencias 112. Se non temos cobertura no móbil, intentar chamar igual. Hai veces que se permite facer chamadas de urxencia aínda sen cobertura.

IMPORTANTE: Debemos pensar que durante unha mobilización inoportuna, alguén pode estar tamén en perigo. Se Racional á hora de chamar.

 
 
Navegas en Galego   Español  
:: Axenda do Concello
:: Hemeroteta de Prensa
:: Actualidade do Concello
:: Libros e Textos
 
:: Álbum de Fotos
:: Videoteca
:: Reportaxes
 
:: Direccións e Teléfonos
:: Links de Interés
:: Webs do Concello
:: Empresas do Concello
:: O tempo
:: Mapa da Web
 
:: Rutas polo Concello
:: Festas do Concello
:: Ocio e Relaxación
:: Visita os Parques Naturais
:: Outras Alternativas
 
:: Travesía en el Atlas
:: Camiño de Santiago
 
 
© Laza.info

Cultura, natureza e tradicións do Concello de Laza

Web creada e desarroiada por José Manuel Aguiar - contacto@laza.info