Dende fai uns anos, o pobo de Laza conta con un polideportivo que, situado no Toural, forma parte dun pequeno complexo adicado ao deporte. Conta ademáis con un pequeno campo de fútbol de herba natural, ainda que non estando en moi bo estado.
Dentro do pavillón podemos practicar fútbol sala, baloncesto, voleibol, patinaxe en liña, etc., ou calquera outro deporte que se adapte a este tipo de instalación.
As estradas do Municipio teñen fama dentro do mundo do ciclismo de carretera . O pouco tráfico e a orografía variada fanas ideais para a práctica do ciclismo de estrada. Se nos saímos do asfalto e buscamos camiños de terra, as posibilidades aínda son mellores.
Deportes de augas bravas como Kayak ou Hidrospeed, poden ter cabida nos nosos ríos, sobre todo na tempada non estival, onde os ríos Támega e Cabras nos brindan un caudal de calidade e de dificultade.
Caza - Pesca - Moutain Bike - Sendeirismo - 4x4 |