¿Quen somos?

Somos una humilde asociación sen ánimo de lucro, que xurdiu neste pasado inverno do 2015-16. Nun momento determinado, decatámonos que as poucas tradicións que perduran no pobo de Laza, poderían perderse.

As novas tecnoloxías serviron para crear o xerme de inicio. Creouse de maneira improvisada un grupo de whatsapp para “comentar” a situación. A aquel grupo, uníronse interesados/as en defender e loitar polas costumes do pobo. A cultura pertence aos pobos e son os pobos os que teñen que loitar porque se manteña e perdure no paso do tempo. O pobo ten a obriga de botar man de todo aquelo que os nosos antepasados nos deixaron e, moitas veces, poñendo en perigo as súas propias vidas.

De aquel grupo de traballo, xurdiu a Comisión do Entroido 2016 que, con escasos 20 días por diante, tiñan o reto de intentar organizar un Entroido á altura dos anteriores, coa colaboración do Concello.

Salvada aquela situación, atopámonos a finais de marzo, no período vacacional de Semana Santa. Nestas datas, decídese definitivamente dar vida a unha asociación que defenda os valores de unidade e defensa das tradicións e patrimonio do pobo de Laza. A idea orixinaria seguía viva e con forza, e necesitaba plasmarse na realidade. Así, queda constituída oficialmente no rexistro o día 30 de marzo de 2016, co nº 2016-20228-1, baixo o nome “enLAZAdos”.

Despois de debates e propostas, xogando co nome do pobo, pensouse que “enLAZAdos” é o que mellor define o propósito da súa creación: unidade, harmonia, suma, etc. Das raias dun bolígrafo saíron os primeiros bocetos da nosa imaxe. O perfil do Concello de Laza e unha careta, símbolo incuestionado, serían as bases que tiñan que definirnos. Finalmente, algo tan sinxelo como fusionar ambos, deu orixe ao noso logotipo, á nosa imaxe:

 Logo-NegroAs cores blanco, negro e vermello, serán a sinal de identidade desta humilde, nova e emprendedora asociación, que con todo o amor, intentaremos salvagardar, promover e manteñer a cultura do pobo de Laza no paso do tempo.

Seremos unha asociación que lle dará a benvida a todo aquel lazano de nacemento, de adopción ou que sinta amor polo noso pobo, que sinta a necesidade de colaborar para que o noso pobo non morra e que teña vida. E como non, tenderemos a man para colaborar con todos aqueles que precisen da nosa axuda.

Sodes TODOS benvidos a formar parte da Asociación Cultural enLAZAdos.