VII Festa da Malla – 2017


Un ano máis, esta asociación asume a Festa da Malla co fin de manter a tradición da seitura e ó mesmo tempo, poder dispor de palla para a elaboración dos fachóns de cara ao vindeiro Entroido 2018.

Durante o ano, sementouse na primaveira unha leira que nos cederonna Roda. Alá o Carraxete e o Coella se encargaron da labor, así como do mantenemento, para que saira o trigo adiante. Falta por segalo e levalo para a malla, onde o Juán Luis e Lolo Ardillas se desenvolven ás mil maravillas. O Benito, desde de Toro, baixará coa Malladora o sábado, que sin ela, sería algo compricado xa, porque os mallos xa escasean e os malladores de experiencia xa son maiores para tal fin. E os novos, carecemos da experiencia e técnica para mallar, porque todo se vai perdendo.

Si desexas participar, acude a esta cita o vindeiro 22 de xullo, ás 18:00 horas, ó carón da piscina do Regueiro Seco, no prado do Tomás.

Sin a vosa axuda, coa de todos os que tamén nos botades unha man, esto non sería posible.

MOITAS GRACIAS A TODOS!

0