Gañador Cartel Entroido 2017

Baixo o título “Berce de Peliqueiro”, LIDIA DIÉGUEZ MACHADO, resultou gañadora do Concurso do Cartel Promocional do Entroido de Laza 2017 e polo tanto, será a súa obra a imaxe do Entroido 2017. Como gañadora, recibirá nos vindeiros días, os 100€ de premio.

ALEJANDRO DIZ PAZOS coa obra “O Entroido faino o pobo” e JESÚS RODRÍGUEZ VIDAL con “Entroido unido, xamáis será vencido V.1”, ocupan respectivamente, o segundo e terceiro posto.

A Asociación Cultural enLAZAdos, agradece enormemente a participación dos concursantes, felicitandoos polo esforzo e a alma que puxeron nas súas obras.

NOTA ACLARATORIA: O Xurado, composto por os Membros Fundadores de enLAZAdos, tivo a ben RETIRAR do Concurso a segunda obra de Jesús Rodríguez Vidal. O motivo e circunstancias, foron comunicadas ao interesado previamente ao fallo do Xurado.

“BERCE DE PELIQUEIRO”

 

0