Charla-coloquio sobre o Entroido de Laza


coloquio-entroido

O vindeiro día 28 de decembro, ás 19:00 horas, e tras a iniciativa da nosa socia Alba González, vaise a realizar unha charla-coloquio coa participación da Asociación Cultural Alto Támega. O tema a tratar será o Entroido, dado que o tempo de entroidar estase achegando.

Tocaranse aspectos históricos, evolutivos, etc., e intentarase dar resposta a todas as inquietudes e dúbidas que puderan ser plantexadas. Todos os interesados en participar, estades invitados a este evento, do que estamos seguros, será de interés para todos.

Na charla, contaremos coa participación de Nieves Amado, presidenta da Asociación Alto Támega, que tratará de amosarnos o Entroido desde un punto de vista antropolóxico. Aproveitamos xa, para dar as gracias á súa presidenta  por querer participar nesta iniciativa, e a súa asociación por darnos a oportunidade de traballar xuntos.

Moitas gracias!

PD: Por certo…. somos conscientes do día que é o 28 de decembro, jejeje! Pero non se trata de unha broma, non. PROMETÉMOLO !!!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *