URXENTE: Curso Soporte Vital Básico e Desfibriladores

Todos os interesados en facer o curso, que nos comuniquen nun prazo de 48 horas a data que mellor lles vai para a realización do mesmo.

DATAS: 17 DEC 2016 e 15 XAN 2017

Aquelas persoas que non se apuntaron antes, decirlles que o poden facer, tendo prioridad de datas as persoas que xa amosaron interés na anterior convocatoria.

curso-soporte-vital-basico

RECORDATORIO:

  • O Curso será feito de maneira presencial en Laza (o lugar, xa se confirmará máis adiante).
  • 8 persoas máximo por grupo, con unha duración de 8 horas.
  • O curso de Soporte Vital Básico e manexo de Desfibriladores, será impartido por profesorado do CENTRO DE ESTUDIOS SUPERIORES EN EMERGENCIAS, SEGURIDAD Y PROTECCIÓN (www.cesesp.es), con sede en Ourense.
  • No curso, o alumno adquirirá coñecementos básicos de RCP (reanimación cardio pulmonar), DESA (manexo de desfibriladores básicos), actuación ante atragantamentos, convulsións, hemorraxias, etc. É decir, saber actuar ante un primeiro auxilio.
  • Custe por alumno:
    • 55€ Socios enLAZAdos
    • 65€ Non socios
  • NON BAREMA PARA O SERGAS, pero o alumno recibirá un diploma que SI pode baremar noutro tipo de estamentos.

CONFIRMAR NO SEGUINTE TELÉFONO: 659569869 (MIRO)

0