Novas

Curso de Soporte Vital Básico e manexo de Desfibriladores

Desde a Asociación enLAZAdos, temos a oportunidade de poder organizar uns cursos de Soporte Vital Básico e manexo de Desfibriladores, que serían impartidos por profesorado do CENTRO DE ESTUDIOS SUPERIORES EN EMERGENCIAS, SEGURIDAD Y PROTECCIÓN (www.cesesp.es), con sede en Ourense.

No curso, o alumno adquirirá coñecementos básicos de RCP (reanimación cardio pulmonar), DESA (manexo de desfibriladores básicos), actuación ante atragantamentos, convulsións, hemorraxias, etc. É decir, saber actuar ante un primeiro auxilio.

Os cursos serían presenciais, de 8 persoas máximo por grupo, con unha duración de 8 horas, que se impartirían en Laza, nos sábados dos meses de novembro e decembro.

Custe por alumno:

  • 55€ Socios enLAZAdos
  • 65€ Non socios

Todos aqueles interesados en querer facelo poden enviar un correo a acenlazados@gmail.com, comunicándosnos o seu interés. De non reunirse un número mínimo de 8 persoas para poder convocar un curso, éste non será posible.

O curso será homologado, por o que se dará a todo aquel que o finalice o seu título acreditativo do mesmo.

Desde  a asociación, pensamos que pode ser interesante polo que, ante a posibilidade que se nos planteou, solicitamos interesados á máxima brevedade para poder cerrar cursos e datas de celebración dos mesmos o antes posible.

Moitas gracias.

Data final para inscripción 15 outubro!

~~~ Solicitamos máxima difusión  ~~~

0