Novas

Reunión de Socios (01/10/16)

Tras a reunión celebrada o pasado día 1 de outubro, informouse aos socios do estado da asociación, estados de contas dos eventos celebrados ata hoxe, e o que se pretende de cara a un futuro.

Os puntos que se trataron, enumerándoos e non entrando en detalle dos mesmos xa que se trataron na reunión, considerando que ésta (vía web), non é a mellor maneira de falar dos mesmos de maneira extensa.

Os puntos foron os seguintes:

  • Cuotas actuales e futuras
  • Estado de camisetas e carnés entregados
  • Posibilidade de conseguir local/sede da asociación, así como posibilidade de gardar material que se pode utilizar nas festas do pobo (tal como carros, carrozas, etc).
  • Cursos de interés para formación de socios ou personal externo á asociación.
  • Talleres ou obradoiros que puderan ser de interés
  • Estado de contas dos eventos organizados total ou parcialmente por esta asociación (Entroido 2016, Santo Cristo, Festa da Malla e Tiro ao Prato)
  • Suxerencias e preguntas que creemos foron resoltas durante a reunión.

De cara ao futuro próximo:

  • Esta asociación asumirá como principal esforzo, a organización do Entroido 2017, por o que xa se está traballando. Recentemente, convocouse o concurso do Cartel Promocional, no que se poden consultar as bases nesta web.
  • Tratarase de colaborar con outras organizacións ou asociacións que o necesiten durante os vindeiros meses, tratando de manteñer os eventos que ata agora se viñan celebrando ou ben, asumir a organización dos mesmos na medida do posible, para non perdelos.
  • Tratarase de organizar cursos de formación (titulada), exposicións, talleres ou clases que sexan de interés, dos que se dará a oportuna conta no momento que se podan contar con unhas bases concretas (horarios, prezo, nº de alumnos mínimos, etc) ou co material suficiente como para poder publicar.
  • Finalmente, tamén se tratou un tema que resulta moi importante: a involucración nas actividades. Esta asociación ten o fin de ser participativa. É decir, pretendemos que o socio se involucre activamente na medida que éste poda, tanto na organización de eventos como aportando ideas propias nas que todos nos volcaremos para facelas realidade. Non se pretende que sexan os individuos os que leven o protagonismo. Queremos que a protagonista sexa a asociación, o grupo unido, sumando! Polo tanto, cantos máis axudando e participando, as cousas serán máis doadas para todos e, por conseguinte, poderase abarcar máis. Animámosvos a que formedes parte activa desta asociación, entendendo á vez, que son moitos os asociados que viven lonxe de Laza e aos que lles resulta imposible facer máis. Por todo, sempre estamos agradecidos.

Esta asociación quere agradecer o interés e esforzo dos asistentes á reunión. Atrevémonos a decir que, despois de máis de dúas horas falando, saíron cousas positivas da mesma e se puderon aclarar puntos dos que había dúbidas. Pensamos que foi productiva, que novamente sumamos e demos un pasiño máis adiante.

0