Concurso Cartel Promocional Entroido 2017


BASES DO CONCURSO

 

I. TEMA:

Entroido de Laza

II. PARTICIPACIÓN:

A participación neste concurso está aberta exclusivamente a os vecinos do Concello de Laza ou a aquelas persoas que teñan orixen no Concello, ben sexa por nacemento ou ancestros, podendo presentar un máximo de 2 obras, sendo condición indispensable, que esas obras sexan inéditas. En caso de dúbida, consultar previamente en acenlazados@gmail.com.

III. TEXTO E FORMATO:

A obra deberá incluir o seguinte texto:

ENTROIDO DE LAZA 2017

23, 24, 25, 26, 27 e 28 de Febreiro

IV. PRESENTACIÓN E ENTREGA:

O tamaño do orixinal será de 63 x 43 cm. IV. Presentación e entrega:

‐ Opción A: Impreso en tamaño orixinal, sin firma do autor, e baixo un lema ou pseudónimo que figurará escrito na parte posterior do cartel. Irá acompañado de un sobre cerrado, no que figurará o mesmo lema ou pseudónimo do cartel. No interior, dito sobre conterá os seguintes datos:

Nome e apelidos, pobo, correo electrónico (si se posúe) e número de telefóno. O lugar de entrega das obras será no Concello de Laza (María Rivero).

‐ Opción B: Por correo electrónico, enviando un arquivo jpg, con calidade de impresión a 254 ppp e a un tamaño real de 63×43 cm, ao seguinte correo: acenlazados@gmail.com. Todos os correos serán contestados á súa recepción. Si en tres días non tiveches resposta, é posible que houbera algún erro, polo que debes poñerte en contacto novamente. No texto do correo, indicarase:

Nome e apelidos do autor, pobo, número de telefóno de contacto e lema ou pseudónimo co que desexa participar no concurso.

A data límite de presentación, será o 30 de Novembro.

V. TÉCNICA

Os carteles diseñados con ordenador, en caso de resultar gañadores, o autor deberá aportar o correspondente soporte e formato dixital que lle sexa requerido. Suxerimos, que o cartel sexa conservado en .psd ou calquera outro formato que acepte capas por si, nun momento dado, fora necesario facer alguna pequena modificación de logos ou datas, sempre coa autorización do autor.

VI. PREMIO

Un premio de 100 € para o cartel gañador, que será a imaxe de promoción do Entroido de Laza 2017.

VII. XURADO

O xurado estará composto por os membros fundadores da Asociación Cultural enLAZAdos.

O fallo do concurso farase público o día de 1 de xaneiro de 2017, e a decisión do mesmo será inapelable, facéndose público nos medios de comunicación da asociación enLAZAdos: web, Facebook e twitter.

O concurso poderase declarar deserto en caso de non alcanzar os carteis presentados a calidade desexada.

VIII. EXPOSICIÓN

Os carteis presentados serán obxeto de exposición no Salón de actos do Concello de Laza entre os días 24 e 31 de decembro de 2016 (incluidos). O traballo gañador será a imaxen do Entroido de Laza 2017, e todos os carteis serán propiedad da Comisión do Entroido 2017, á cal seranlle cedidos unha vez se falle o concurso.

IX. REPRODUCCIÓN

A Comisión do Entroido 2017 poderá efectuar cantas reproduccións precise do cartel gañador ademáis de difundilo por os medios de publicidade que estime oportunos, sin que os seus autores podan reclamar dereitos ao respecto, ademáis de utilizar a imaxen completa ou parte dela para realizar material relacionado coa festa, como poden ser dípticos, camisetas, etc.

A Comisión do Entroido 2017 resérvase a posibilidade de realizar calquera modificación no cartel gañador, sempre que ésta non supoña alteración sustancial do mesmo.

X. ACEPTACIÓN

A participación neste concurso comporta a plena aceptación de estas bases.

Estas bases poden consultarse en :

www.enlazados.laza.info

Ampliar información en: acenlazados@gmail.com

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *