Cinco meses de vida…

A punto de cumprir os primeiros cinco meses de vida como asociación de pleno dereito, e mirando atrás, estamos moi orgullosos do conseguido. Con humildade o decimos pero, eso si, con moito traballo e esforzo.

Sempre nos quedaremos coas cousas positivas, que son as que suman. Motivo polo que seguimos adiante. As que restan, que tamén as houbo, só nos dan máis forzas para seguir loitando polo noso pobo e polas súas xentes, polas nosas costumes e polas nosas tradicións. E por qué non, por innovar e emprender novas aventuras.

Facendo un repaso destes meses, quedan atrás a organización e colaboración co Concello de un Entroido digno deste pobo, pese ás dificultades e do pouco tempo que se dispuxo. Un Santo Cristo Na que pese ás inclemencias do tempo, tivemos unha Eva pisando a Picota orgullosa do día importante que para ela foi. Unha festa da Malla, que nos aportará a palla que ilumine as rúas de Laza nas noites de Folións. Unha festa que nos lembra o esforzo dos nosos labregos nos tempos da seitura, a festa da Malla. E por último, a oportunidade que lle demos aos cazadores do Concello de afinar a puntería, coa organización de un campeonato de tiro ao prato, recuperando así unha modalidade deportiva que facía xa moitos anos non se celebraba no Concello.

Proxectos nas nosas cabezas hai moitos. Uns verán a luz, e outros quedarán madurando nestas nosas cabeciñas que non paran. Seguiremos adiante, saltando os buracos que se nos poñan no camiño.

Agradecementos:

Todo o que sae adiante, sae porque alguén o organiza, claro está. Pero non sería posible sin a imprescindible axuda dos nosos colaboradores, tanto na parte económica, como “obrera”. Uns coas propias mans e outros cos medios materiais ou mecánicos. Sodes moitos os que sempre nos abrides os vosos brazos. Quedaría moi moi feo nomearvos un a un aquí e olvidarnos de alguén. Polo tanto, sempre de boa palabra, intentamos darvos as gracias persoalmente, como sempre o facemos, no momento, durante ou despois de pasar a “tormenta”. Pero si, aquí, un ENORMEMENTE AGRADECIDOS, VÓS!, si vos queremos adicar.

E os mellores agradecementos, van ser para os nosos pais e familiares que, unha tras outra, deixan a súa debilitada saúde do traballo dunha vida, apartada para que os nosos soños se cumpran.

Invitacións:

Todos, sexades ou non desta humilde asociación, tedes as portas abertas para intentar que os vosos soños se cumpran. Si tedes unha idea, non deixedes de plantexárnola. O “non se pode”, non é unha verba que figure no noso diccionario.

Disculpas:

Mil disculpas por a tardanza na entrega das camisetas e carnés. De todo o que levamos feito, ainda que non o creades, foi o que máis dores de cabeza nos deu. Tivemos problemas coa primeira empresa de serigrafiado. Houbo que repetir todo e incluso facer novos diseños para adaptalos a unhas circunstancias que nós non entendemos. Pero saímos adiante e orgullosos, podemos presumir agora de unha identidade plasmada na camiseta e no carné de socio, para lucir alí onde o desexemos, ou nas actividades asociativas.

E tamén mil disculpas por os danos “colaterais” que calquera evento supón. Sabemos que en cada acción, sempre hai perxudicados. Sempre, na medida do posible, intentamos o ben xeneral minimizando os danos ás persoas que dun ou outro xeito, sufren cos eventos.

No futuro:

Nos proximos días (durante o mes de setembro), xa vos adiantamos que teremos unha reunión de socios. Para falar de futuro e tamén de presente. Esta asociación non é cousa de catro amigos, non. Esta asociación está formada agora mesmo por 87 almas con potencial de afrontar calquera reto. Esperámosvos!

Ata a próxima!

0