No seguinte ligazón de máis abaixo tedes algunhas das fotos da "III Festa da Cerdeiriña 2008". Si algúen de vós posúe algunhas outras, pode enviarmas a contacto@laza.info.
En nome de todos os veciños da Cerdeiriña, queremos darvos as gracias por a vosa paciencia para cear. Cada ano a cousa complícase xa que o nº de comensais vai en aumento. Este ano a cousa andivo nuns 270 comensais.
Parece ser que hai/houbo algunhas críticas/comentarios sobre o menú. Sobre a Paella que nos preparou a todos o "Perche" creo que non hai nada que decir. Un ano máis nos deixa sorprendidos. Sobre o segundo prato, o xamón asado, é verdade que estaba un pouco seco. Foi asado na noite do venres ao sábado. Como todos entendedes, o forno non pudo deixar de cocer o pan do sábado para poder asarnos a nós os xamóns. Motivo máis que claro. Tamén parece ser que en algunhas mesas quedaron algo faltos de carne. Decirvos a todos que se informou reiteradamente que había paella e carne para repetir. Asegúrovos que sobrou moito de todo. Cando se recolleron as mesas había bastantes bandexas de carne case que sen tocar.
Os veciños da Cerdeiriña pídenvos comprensión e gañas de volver o ano que vén. O reto é moi dificil, pero intentarán mellorar. Tamén piden que todos os veciños da Cerdeiriña participen e colaboren na organización e nos preparativos, para que todos o disfrutemos un pouco máis e todos teñamos unha mellor cea.
Unha vez máis, moitas gracias a todos, e esperámosvos o ano que vén.
Fotos da Cea
|