O Pobo de Laza é cruce de dous itinerarios da Vía da Prata: por un lado o que vén do Sur (Camiño Portugués) e por outro o que vén de Castela (Verea Sur). Aquí trataranse os dous Itinerarios dende que entran no Concello de Laza ata que o abandonan. A información que esta web da é pequena, xa que existen outras no que o contido é integramente a Vía da Prata.
O camiño entra no Municipio pola Forca dos Lobos, un cruzamento de pistas forestais, entre os municipios de Castrelo do Val e Laza. Continuamos o camiño indicado polos fitos, tomando con tranquilidade a ruta.
Á nosa esquerda queda o Alto dá Pica, e á nosa dereita podemos ver o pobo de Trez, o Alto de Touro, o barranco da Armada, etc. Despois duns 4,5 km, chegaremos ás Eiras, no que viven nel todo o ano tres ou catro veciños. Pasaremos á beira dun merendeiro no medio do pobo, onde descansar un intre. Dende este punto, o camiño vólvese máis levadeiro. Continuando pola estrada, pasaremos á beira da Fonte dá Ortiga e dos piñeirais, agora queimados e cortados polos incendios forestais. Por esta zona abundaban os pinos de máis de 30 m. de altura.
Chegaremos a un desvío á dereita, por un carreiro moi marcado que nos levará moi próximos a área recreativa de Regueiro Seco, en Laza. Cando cheguemos á estrada, continuaremos esta á esquerda, ata chegar a Laza. Adentrarémonos pola rúas de Laza e chegaremos ao Concello. Aquí atópase Protección Civil que será onde pediremos aloxamento no albergue se nos interesa. Está situado no Toural. Sairemos de Laza cara ao pobo de Soutelo Verde pola estrada. Chegaremos en 4 km. Xusto cando empeza a empinarse a estrada sae a man dereita un camiño que nos leva a Tamicelas. Unha vez aquí comezaremos é ascenso ata Alberguería. O Camiño entre Tamicelas e Alberguería é moi complicado para a bicicleta, polo que se aconsella ir por estrada. Tras un duro ascenso, chegaremos ao pobo de Alberguería, abandonando aquí o Concello de Laza.
Chegamos ao Concello de Laza polo pobo de Arcucelos. O camiño discorre ao longo do Támega. Pasaremos á beira da capela do pobo, vendo aos poucos metros a espectacular igrexa de Retorta e o seu fermoso Cruceiro. De camiño para Retorta iremos entre verdes prados, que non en van nestas terras estan a maior parte do ano inundadas polo desbordamento do Támega. Cruzaremos o río e pronto Matamá xa non queda moi lonxe.
En Matamá veremos outro Cruceiro no medio da praza do pobo. Continuamos pola marxe dereita do Támega e paralelo ao Monte do Corgo. Seguindo os fitos do camiño, cruzaremos o regato Corga. Chegaremos nuns 15 minutos á Ponche Pedriña. Continuamos en dirección norte pola estrada e pronto nos aderentraremos de novo nun camiño que discorre pola Ribeira e o Salgueiral.
Na Ponte dá Veiga continuaremos a longa recta que nos achega a Laza. Aquí podémosnos aloxar no albergue, solicitando o aloxamento en Protección Civil, nos baixos do Concello.
Sairemos de Laza cara ao pobo de Soutelo Verde pola estrada. Chegaremos en 4 km. Xusto cando empeza a empinarse a estrada sae a man dereita un camiño que nos leva a Tamicelas. Unha vez aquí comezaremos é ascenso ata Alberguería. O Camiño entre Arcucelos e a Alberguería é moi complicado para a bicicleta, polo que se aconsella ir por estrada: Soutelo Verde - Alberguería
Tras un duro ascenso, chegaremos ao pobo de Alberguería, abandonando aquí o Concello de Laza.