Esta ruta discorre polo monte da Travesa, dende o que se pode contemplar o val no que se atopa situado o pobo de Souteliño, Laza e os seus arredores.
Pasada a Ponte de Souteliño, tomaremos o camiño da esquerda. continuando polo máis evidente e sempre tendo á nosa esquerda o río Támega.
Tras percorrer 1 km. aprox., seguiremos no cruzamento polo camiño da dereita. Continuaremos tomando altura ata que chegamos a unha forte rampla. Subida esta, continuaremos á dereita, pola pista que sube.
Chegamos a un novo cruzamento de camiños á beira dunha caseta de vixilancia de incendios. Continuamos subindo polo da esquerda tomando cada vez máis altura. Outro cruzamento de pistas. Tomaremos o da dereita para afrontar o última costa ata chegar ao Alto dá Travesa ou da Garita (788 m.).
Todo o val atópase aos nosos pés. Desde aquí pódese ver a maior parte do val do río Támega. O descenso máis evidente será desfacer o andado. Temos moitas máis alternativas se nos axudamos dun plano da zona.
| Lonxitude: | 7 KM | |
| Tempo (aprox.): | Sendeirismo: | 1 H 30' |
| Mountain Bike: | 2 H 30' | |
| Dificultade: | ALTA | |
| Desnivel: | ALTO | |
| De interés: | Pódese contemplar a fermosura do val polo que discurre o río Támega, bosques de carballos, panorámicas dos montes que rodean o pobo de Laza. | |