Esta ruta discorre pola antiga explotación mineira de Souteliño, e parte do monte da Travesa.
A ruta comeza no pobo de Souteliño, á beira do Restaurante Casa Elena. Tomaremos o camiño da esquerda. Cando remate o asfalto, continuaremos polo camiño de terra. Chegaremos a unha nova encrucillada. Continuando pola esquerda cruzaremos unha pequena ponte sobre o río Souteliño.
Un forte ascenso do camiño pasará á beira dos antigos lavadoiros de mineral da explotación mineira que había fai anos. Pasaremos á beira tamén dun estanque onde cargan auga os helicópteros contra incendios. Unha nova encrucillada. Seguiremos polo camiño da esquerda, chegando así ao merendeiro e zona de recreo.
Continuamos nunha nova encrucillada polo camiño da esquerda, chegando así ao Alto dá Travesa ou da Garita. Desde aquí o descenso é variado, en función do que queiramos. Se nos axudamos do mapa poderemos elixir o que mellor nos conveña.
| Lonxitude: | 7 KM | |
| Tempo (aprox.): | Sendeirismo: | 1 H 30' |
| Mountain Bike: | 2 H 30' | |
| Dificultade: | MEDIA | |
| Desnivel: | MEDIO | |
| De interés: | Restos das construcións dos lavadeiros do mineral; restos arqueolóxicos do forno atopados fai pouco tempo. |
|