Turismo

Lugares de interés no Concello de Laza

No Concello de laza temos certos lugares que non debes deixar de visitar. Uns son importantes dende o punto de vista histórico, outros artísticamente falando e outros simplemente por ser un pequeno paraiso natural.

O máis importante de todos eles é sen dúbida (ao meu entender), o entorno xeral no que está situado o noso Concello. A paraxe espectacular dos montes e vales que nos rodean forman un conxunto maxistral.

Unha vez feita esta pequena aclaración, estes son os lugares máis interesantes:

O Casco Vello de Laza,

no que poderás contemplar o centro neurálxico onde se celebra o Entroido. Un paseo pola Picota e pola Rúa, onde poderás contemplar o Cruceiro da Rúa, único por ter por base un pozo. + Info

As Pisadiñas,

Trátase de unha peneda na que se atopan tallados diversos materiales básicos da costura tradicional: dedal, agullas, tesoiras, etc. Posiblemente tallado polos antigos pastores.  +Info

A Pista do Marroquí,

un percorrido a carón da viña de tren entre Cerdedelo e Correchouso, e que continúa ata o vecino pobo de Prado, no Concello de Vilar de Barrio. Coa construcción ferroviaria a través dos montes do Concello, fixo imprescindible unha pista de abastecemento, que transcorre sinuosa paralela á vía férrea. As vistas para o barranco do río da Armada son espectaculares. + Info