Cóntannos algúns historiadores que no pasado do val de Laza viviron os Tamagos, de onde tamén colle o principal río o seu nome: Río Támega.
Os restos arqueolóxicos atopados na zona son abundantes, onde a cultura castrexa e romana tivo asentamentos. As terras estiveron sometidas aos dominios do Conde de Monterrei, residindo en Laza o correxidor que gobernaba por delegación do Conde. A zona que agora é a Parroquia de Trez estivo baixo control do Conde de Montezuma, Marqués de Tenebrón; mentras que na parroquia da Alberguería, tiña Coto xurisdiccional o Arcediago de Varonceli.