No Concello de Laza a tradición gastronómica é importante. Trátase dunha gastronomía típica rural, con productos da terra. Os cultivos de trigo, millo, patata, legumes, etc, mesturados con carnes do pais e tras pasar por un bo cociñeiro, dan como resultado un prato exquisito.
Os productos máis representativos do noso Concello son:
Carnes: costelas, lacón, cachucha, chourizos, etc.
Procuctos das hortas e leiras: patacas, grelos, etc.
Postres: Bica do Peliqueiro, Bica Branca, Bica Amerela, Orellas de Entroido, etc.
Licores: Augardente, Licor Café, Xastré, etc.
Esta festa se celebra o Venres de Entroido, no recinto polideportivo do Toural. Unha festa que vai pola IV celebración e que está sendo un éxito, á que asisten máis de 700 comensais. O menú, como podedes imaxinar, son productos típicos, cachucha, lacón, chourizos, etc. regados con licores e viño do pais. O postre, como non, bica branca.
Festa popular do barrio da Cerdeiriña de Laza , na que rondan os 300 comensais. Celébrase o último sábado de xullo. O primeiro prato no varía, xa que o "Perche" no deleita a todos coa súa Paella. O Segundo prato varía entre churrasco ou carne ao forno.
Outros barrios do pobo como Barrio - O Outeiro (sábado seguinte á da Cerdeiriña), A Rúa, Cimadevila e Souteliño, tamén organizan ceas populares, que tamén se organizan en algún sábado dos meses de xullo e agosto.
Restaurante Casa ElenaSouteliño (Laza) |
![]() |