En EspañolCambia o idioma
| Home | Contacto | Mapa Web | Buscar |

O Santo Cristo de Laza

O Santo Cristo é outra das tradicións do pobo de Laza, coa diferenza de que esta é unha tradición relixiosa, ao contrario do Entroido. O día principal é o 3 de Maio, pero normalmente celébrase o fin de semana máis próximo ao día principal, para que poidan acudir a maior parte da xente.

Consiste nunha serie de actos relixiosos nos que se representan a Adán e Eva e o Sacrificio de Isaac. Todo isto acompañado por un baile tradicional dos Danzantes, así como outros ritos e tradicións.

Todo empeza cos ensaios dos Danzantes nada máis finalizar o Entroido. Os veciños pasean por entre os piñeirais para localizar o "Maio" (piñeiro de gran embergadura) e os mordomos da festa, van pensando quen poderá ser a futura Eva.

O último día de Abril, pola noite, tras ser localizado e tallado o Maio, transpórtase ata o pobo para levantalo ao día seguinte pola tarde. 

O Santo Cristo vela por todos nós.

 

O Maio

O MaioO Maio é un piñeiro que se levanta na praza do pobo para dar inicio ás festas do Santo Cristo. Trátase dun piñeiro de dimensións pouco habituais, xa que sobrepasa os 30 metros de altura.

Durante o ano, vaise seleccionando nos piñeirais próximos o que se considera de maior altura. Unha vez elixido, os mozos do pobo córtano e a lévano nun carro de vacas ata a praza do pobo. Todo de madrugada.

Ao día seguinte, pola tarde, elévase manualmente ata a súa posición vertical, axudados por cordas e escaleiras de madeira ou de outro material. No máis alto ondeará a bandeira de Galicia.

Taboleiro de anuncios

O Santo Cristo de Laza

No vindeiro mes de maio, celebrarase en Laza o Santo Cristo. Este ano o día principal é luns, polo que cabe a posibilidade que se celebre afesta entre os días 1 e 2, sábdo e domingo.

Breves

Últimas novas do Santo Cristo
Free counter and web stats © 2010 Laza.info

Home | Concello | Turismo | Actividades | Foro | Administración

v.2010 - Naturaleza, cultura e tradicións dun Pobo.