Actos do Santo Cristo
O Santo Cristo de Laza está formado por un conxunto de actos que celebran ao redor da festividade dos Maios, que se celebra cada día 3 de Maio.
Os actos ou celebracións principais do Santo Cristo en Laza son:
A Elección da Eva
A elección da Eva corre a cargo dos Mordomos da festa. Mentras estes mantéñeno en segredo, os veciños intentan sonsacar quen é. Do diñeiro recadado para a festa, unha parte destínase aos Zapatos que lucirá a Eva no Día principal.
Na madrugada dos festexos, as mozas e mozos vixiarán a entrada á casa da que sairá Eva ao día seguinte. A casa, por tradición, é a casa Do Afonso "Piche", na praza da Picota.
A procura do Maio
O último día do mes de abril, despois de cear, xúntanse os veciños do pobo. Hai que ir buscar o Maio. O Maio é un piñeiro de dimensións fóra das habituais, de máis de 30 metros de altura.
Nos días anteriores, vanse observando os piñeirais dos arredores en busca do idóneo. Cando se localiza, márcase á espera de ir buscalo.
Chegado o día, cóllese un carro de vacas e tirado por tódolos alí presentes, diríxense ao lugar, cantando cancións. Córtase e cárgase no carro.
É unha árbore pesada. O traballo custoso para cargalo faise notar. A parte máis pesada colocarase encima de carro. O demais que sobresae será transportado aos ombreiros de tódolos que acoden a buscalo. O eixe do carro non tarda en "cantar". O peso é moito. Ao unísono, carrexadores e carro cantan as súas melodías. De cando en vez, faise unha parada para beber viño e cantar.
O día un de Maio, a iso das 5-6 da tarde, soarán as campás da igrexa para que todo o mundo acuda. É hora de poñer o Maio de pé de novo. Antes levantábase na Praza da Picota, agora levántanse diante do Concello, moi preto tamén da Picota.
Axudados por cordas e escadas, o Maio comeza a levantarse. No alto, ondeará a nosa bandeira galega.
En Laza somos algo distintos. As tradicións mantéñense por encima de todo.
A Procesión
Anteriormente á celebración da misa, iníciase a procesión relixiosa durante a cal celébranse todos os actos representativos. Antes de entrar de novo na Igrexa, fanse as poxas para meter dentro da Igrexa o Santo Cristo e a Virxe (como ofrenda).
A Danza dos Danzantes
A danza que fan os Danzantes é un baile moi antigo. Dun lado os tres Danzantes Mouros e ao outro os tres Cristiáns. Enfrentrados os seis, danzan.
Son catro os lugares nos que se baila durante a procesión: no Atrio da Igrexa, na Picota, no Cruceiro da Rúa e na Praza do Outeiro. Son seis veces as que bailan. Repítense no Atrio e na Praza da Picota, logo de rematala misa.
O Sacrificio de Isaac
Durante a procesión ten lugar na Praza da Picota a representación do Sacrificio de Isaac. Un narrador relátanos a historia mentres os persoaxes móvense polo escenario.
"Deus ordea a Abrahám o Sacrificio do seu Fillo Isaac no Monte Moria. Obedecendo o desexo deste, parten cara ao monte. Polo camiño Isaac, dáse conta do que vai suceder".
Chegados ao lugar elixido por Deus, entre os dous preparan o olocausto. Disposto Abrahám a consumar o sacrificio, un Anxo aparécese de entre as nuves detendo o seu brazo e concedéndolle o perdón de Deus.
De entre as xestas, aparecerá un branco cordeiro que será sacrificado no lugar de Isaac.
Loita dos Danzantes
Finalizada a procesión, na porta da Igrexa, os dous Danzantes que portan as espadas, bátense nun dolo. Simboliza a vitoria dos Cristiáns contra os Mouros.
O desafío realízanse mediante un verso.
A Carreira dos Danzantes
Rematada a misa, o séquito que acompaña á Eva acompáñana de novo á casa. No instante en que ela asómase polo balcón para despedirse, os Danzantes comezan a carreira ata a Igrexa. O que primeiro chegue levarase como premio o roscón do ramo do loureiro e o ser o segundo que baile coa Eva (logo de Adán(, no baile de pola tarde. Os demais, bailarán no mesmo orde de chegada.










