O Entroido en Laza está formado por un conxunto de actos tradicionais e ancestrais que se van celebrando cada un dos días. En cada un dos actos está presente algo representativo, que é o centro da celebración nese momento.
Os símbolos e personaxes dotan de personalidade propia e inimitable o Entroido en Laza.
O Peliqueiro, fóra de ser un disfraz, é un sentimento. É a figura máis importante do Entroido de Laza. Corre dun lado a outro impoñendo a súa autoridade e un estilo imposible de copiar por moito que se intente.
As súas orixes son confusos. Debe o seu nome á pel ou "pelica" que leva a careta na parte posterior, tapando a cabeza. O traxe de Peliqueiro componse de varias pezas: Careta, Chaqueta, Pantalón, Zamarra e Chocos como pezas principais; máis outros accesorios.
A cara da Careta está labrada en madeira, ben de bidueiro ou de amieiro. Nela está cravada a "Mitra". Antigamente esta era de lata, mais pesada, pero agora é de aluminio. Pola parte posterior está a "Badana", de pel de becerro. A función que ten é, xunto co Gorro, de sujección para que non se caia da cabeza. Ademais, nela vai pegada a "Pelica", que antigamente era de gato e que agora é substituída por unha sintética. Na parte inferior leva unha prolongación a modo de rabo. Na parte superior leva unha "Rabeira", de rabo de cabalo. Dos extremos colgan dous "Pondóns".
Nos ombreiros leva unhas Charreteiras, similares aos traxes militares antigos. Na parte inferior, tamén vai decorada cun fleco de cor dourada. O resto da chaqueta está decorada con outros adornos, ao estilo das chaquetas de Toureiro. Sobre esta, vai colocada a Pañoleta, de forma triangular. Segundo se dexese pode ser máis ou menos artesanal.
Ao redor da cintura leva seis "Chocos" dunha aleación de ferro e bronce. Cada un deles pesa 1.5 kg, aproximadamente. O cinto, é de pel, posto que ten que ser resistente para suxeitar o peso total dos Chocos.
A parte interior ou base do Pantalón é de tea liño. Ao redor van 4 filas de trenzado de la e sobre estes, outras catro filas de encaixes de gancho cuns "pondóns" decorando na parte inferior. O fío co que está feito é de algodón. O peso pode variar dependendo do tamaño.
Equivocamente a Zamarra é o medio polo que máis é espetado o Peliqueiro. Lévase a modo de látigo na man dereita. A medida que se corre, esta móvese dun xeito peculiar. Está constituído por duas partes: unha ríxida, de madeira, e outra flexible, feita de "badana" ou pel moi fina. Unicamente úsase como un látigo contra aqueles que non respectan ao Peliqueiro ou se interpoñen no seu camiño.
Outros complementos de menor tamaño, pero que tampouco poden faltar son: Pañoleta, Camisa, Garabata, Faixa, Ligas, Medias e Zapatos.
O xoves anterior ao venres de Entroido celébrase o Día das Comadres. Dise que as mulleres reuníanse cando non era costume que estas saísen cos seus maridos. Falaban das súas cousas ou facían doces para as festas. Co paso dos anos destas reunións saían cancións que teñian que cer cos labores cotiáns, co pobo, etc., e que se foron pasando de xeración en xeración.
O Testamenteiro, é unha figura moi importante dentro do Entroido en Laza.
O Martes de Entroido, despois de que saian as carrozas, sobre as 7 da tarde, lese o Testamento. Durante o ano, nos pobos de Laza, Souteliño ou Cimadevila, sempre morre algún burro. O Testamenterio, a modo de versos con rimas, pon ao pobo ao corrente das cousas que pasaron entre os veciños ou aquelas cousas que se ocultaron para que non se saiban. Unha vez finalizada a actualidade do pobo,pásase a repartir as partes máis importantes do Burro. Non se desperdicia nada de nada.
Unha vez finalizada a actualidade do pobo,pásase a repartir as partes máis importantes do Burro. Non se desperdicia nada de nada.
Trátase dunha cabeza de vaca, feita de madeira. Da parte posterior parte un pau de madeira recubierta por unha manta que imita o lombo da vaca. A Morena representa a unha vaca que houbo no barrio do Solado. Un bo día escapouse do curral e arremeteu contra as mulleres que estaban tomando o fresco.
Sae de Cimadevila o luns pola tarde, acompañada das formigas, toxos e "cobelleiros", e como non, do Burro e o seu Xinete.
A Morena, imitando aquela vaca, trata na Picota de levantarlle as saias as mulleres. Estas tratan de taparse ou de escapar pero son todos sorprendidos polas formigas, a fariña e os toxos.
A figura do Maragato é unha figura de menor importancia dentro do Entroido. Hoxe en día case que se está perdendo.
O Maragato consiste nunha imitación do Peliqueiro que intenta ridiculizalo. As vestimentas son imitacións malas, ata feitas doutros materiais. Para que nos fagamos unha idea, un Maragato iría vestido así:
Leva unha Careta moi vella. Xeralmente ía do revés. A Chaqueta é feita de materiais malos. Por Pañoleta levan unha pel de cabra ou de cordeiro. No cinto, no canto de levar os 6 chocos como un Peliqueiro, levan un número menor ( dous ou tres ).
O Pantalón está feito de cadrozos de millo. Levan calcetíns e zapatillas ou botas no canto de zapatos.
Por "Zamarra" levan un "Mallo"(utensilio moi antigo para golpear o trigo e sacarlle o gran nas eiras). Para rematar, a forma de correr é cun paso moi cansiño. Van moi amodo fronte ao correr áxil do Peliqueiro.
A orixe das Formigas dentro do Entroido non está moi clara. Un escritor chamado Xosé Alonso Obregón as cita no libro "Na miña aldea". Conta que no pobo de Laza había un Xuíz que non era moi "entroideiro", pero tiña un secretario que si o era. Chegado o Entroido, o Xuíz encargoulle moito traballo, así que o pobre secretario non podía gozar. Os amigos deste, acudiron a verlle para que lle deixase ir con eles. Ante a negativa do Xuíz, os amigos botáronlle un saco de formigas.
A día de hoxe, as Formigas seguen baixando de Cimadevila, o luns pola tarde, acompañando á Morena e ao burro. Son dunha raza que en Laza coñécense como "Cabalarias", xa que o seu tamaño é considerable. Son dunha cor avermellada.
Máis aló do que algúns toman como maltrato aos animais direille que durante todo o ano, os lázanos coidan os hormigueros. Teñen coidado de que teñan que comer durante os crus invernos que aquí temos. Forman parte da nosa cultura e tradicións locais desde a noite dos tempos. Non se pode falar sen ter coñecemento do que isto significa para nós.
O Farrapo é un anaco de trapo, manchado de lodo, terra etc., que se tira os uns aos outros o luns de Entroido pola mañá.
Fórmase unha autentica batalla campal. O descoñecemento de como se fai, está levando a que haxa algún pequeno mal entendido entre aqueles que veñen por primeira vez a visitarnos e os que xa son veteranos no asunto.
Para que non haxa dúbidas, a farrapada consiste no seguinte:
Tirar o "Farrapo" a aqueles que van limpos de tal forma que non se dean conta. Así quedan as súas vestimentas sucias. Así mesmo, cando se tira na Picota, tamén se ten que ter en conta os materiais rompibles tales como os cristais d as ventanas, portas, etc. Non tirar cara a eles. Tampouco se deben facer nós cos trapos, si o fas, podes facer dano a alguén. Ante todo trátase de divertirse un pouco sen danar a ninguén. No Entroido deben perdurar todas as tradicións, e o "Farrapo" é unha delas.
A "Cachucha", como case todo o mundo sabe, é a cabeza do porco. O luns de Entroido pola tarde, desde que se retiran as Formigas e a Morena da Picota, chegan as cachuchas, o pan e o viño. O pobo de Laza dá a proba da cachucha cocida a aqueles que se achegaron ao Entroido.
Antigamente, cando o fame era máis que a de hoxe e eran menos os asistentes, tiña maior valor. Hoxe en día, a cantidade de visitas que ten o luns de Entroido en Laza, fan que non todos poidan saborear un anaco de "cachucha" cocida.
Só quédanos unha cousa: ser pacientes. Aínda que pareza mentira, hai para probar todos.
Acompañando o conxunto que forman a baixada das Formigas de Cimadevila cara a Picota, vén un Burro. Como Xinete vai unha persoa, que por un momento, convértese en parte activa do Entroido. Alguén importante por un momento.
Vai escoltado polos homes máis veteranos e "entroideiros" de Cimadevila, protexendo ao Rei do Entroido por un día.
O Martes pola tarde, desde que remata o Testamento, a Picota ponse de loito. Unha especie de Enterro ou Funeral invade a Picota. Vaise a Celebrar queima ou morte do "Arangaño". O Arangaño, simboliza o Entroido.
O Entroido finalizou. As caras están tristes. Morreu o Entroido de Laza. Como si do Ave Fénix queimouse, o Entroido levantará o voo ao ano seguinte. Espéravos a todos os "Entroideiros", a que volvades.
O luns pola maña, mentras os farrapos invaden a Picota, a Xitanada dos burros percorre as calles do pobo.