En EspañolCambia o idioma
| Home | Contacto | Mapa Web | Buscar |

O Entroido de Laza

Para as xentes de Laza é a festa máis grande do ano. Mozos e maiores preparan, organizan, gozan e viven dun xeito especial estes días. Os nenos, dende pequenos, levan "no sangue" este espírito que os maiores vanlles transmitindo do Entroido. Non hai máis que velos, cando a penas dan un paso nas súas vidas xa van vestindo o seu traxe de Peliqueiro, que con tanto coidado fixeron as súas nais ou xastres. O Entroido formará parte das súas vidas dende a máis tenra infancia ata o final dos días de cada "lazano".

A medida que pasan os anos, a mocidade involúcrase activamente na participación e organización. Os maiores ensinan as vivencias e experiencias que eles viviron para que todos xuntos, fagamos grande un lema:" Cultura e Tradición dun Pobo".

Unha tradición que sebrevivíu á nosa historia de España, onde foron tempos moi duros e onde a forza dos "lazanos" non deixou perder algo tan ancestral: o Entroido que aínda vivimos hoxe.

¿Qué é para os visitantes?

Calquera que se achegue ao Entroido de Laza comprobará o exquisito trato que vai recibir por parte dos veciños. Hai unha chea de persoas que ano tras ano asómanse a ver e a participar de todo o que significa o Entroido. Iso si, para vir a Laza deberás de vir con idea de participar, evitando custe o que custe vir como un mero observador.

O viaxeiro que se asome a Laza, pode ter unha sensación equívoca polas formas ymaneras en que aquí celébrase a reyna das festas ancestrais. O mellor xeito de pasalo ben é involucrándose por completo nas orixes e na tracidión que mantén o mesmo orixe das cousas. Isto é o que fai ser unha tradición tan antiga.

Aquí non hai distinción de ningún tipo, non hai clases sociais, ..., no Entroido de Laza somos todos un. Un mesmo ser que quere que esta tradición mantéñase polos séculos dos séculos.

Invítote a comprobar que isto é unha filosofía de vida distinta a calquera outro Entroido.

Convídote a comprobar que esto unha filosofía de vida distinta a calquiera outro Entroido.

 

Taboleiro de anuncios....

Entroido de Laza

No vindeiro mes de febreiro, entre os días 11 e 16, celebrarase en Laza o Entroido 2010.

Testamento 2010

Breves

Free counter and web stats © 2010 Laza.info

Home | Concello | Turismo | Actividades | Foro | Administración

v.2010 - Naturaleza, cultura e tradicións dun Pobo.