Días de Entroido
O Entroido en Laza prácticamente non deixa de existir ningún día do ano, xa que cada un dos días algo xurde na cabeza dos lazanos para preparar para os grandes días.
Os actos nas rúas do pobo comenzan oficialmente o primeiro día de cada ano, e prolónganse ata o domingo de Piñata. Cada venres organízase un pequeno Folión que son a antesala do Gran Folión do Venres de Entroido. Os mozos percorren as rúas con fachóns de palla. chocos e algún que outro instrumento. Eso sí, cantando e bebendo viño.
Os días principais do Entroido en Laza son:
Xoves de Comadres
O xoves anterior ao venres de Entroido celébrase o Día das Comadres. Dise que as mulleres reuníanse cando non era costume que estas saísen cos seus maridos. Falaban das súas cousas ou facían doces para as festas. Co paso dos anos destas reunións saían cancións que teñian que cer cos labores cotiáns, co pobo, etc., e que se foron pasando de xeración en xeración.

Venres de Entroido
Durante o día vanse facendo os preparativos para que todo este a punto. O máis importante do día virá pola noite, cando de comezo o Gran Folión. Este consiste nunha especie de manifestación para desprenderse e protexerse dos malos espíritos. As persoas que asisten, levan diversos obxectos como "fachóns" de palla de trigo (fachos), "Cobelleiros" (verzas de tallo moi longo), bombos, latas que fan soar, etc. Todo aquilo que se nos ocurrahaga e faga ruído. Os "chocos" soarán por última vez andes de chegar o domingo.
Dá comenzo no barrio da Cerdeiriña, para subir ata a Picota. Desde alí, pola Rúa, chegaremos a Souteliño. De volta para Laza, de novo pola cerdeiriña, pásase por Barrio para subir a Cimadevila e ao Solado, onde finaliza. Percorréronse uns 6 km cantando e bebendo e a festa continúa ata o día seguinte.
Sábado de Entroido
Durante o día vanse facendo os preparativos para que todo este a punto. O máis importante do día virá pola noite, cando de comezo o Gran Folión. Este consiste nunha especie de manifestación para desprenderse e protexerse dos malos espíritos. As persoas que asisten, levan diversos obxectos como "fachóns" de palla de trigo (fachos), "Cobelleiros" (verzas de tallo moi longo), bombos, latas que fan soar, etc. Todo aquilo que se nos ocurrahaga e faga ruído. Os "chocos" soarán por última vez andes de chegar o domingo.
Dá comenzo no barrio da Cerdeiriña, para subir ata a Picota. Desde alí, pola Rúa, chegaremos a Souteliño. De volta para Laza, de novo pola cerdeiriña, pásase por Barrio para subir a Cimadevila e ao Solado, onde finaliza. Percorréronse uns 6 km cantando e bebendo e a festa continúa ata o día seguinte.
Domingo de Entroido
Moitos/as aínda sen durmir, percorren as rúas. O día amanece e óense os primeiros "Chocos". Son os Peliqueiros. Están de estrea. Por tradición dan os bos días aos veciños percorrendo as rúas co sonico dos "Chocos". Aqueles que aínda dormen, empezan a espertarse. Con elegancia exhíbense na a Praza da Picota.
Á saída da Misa, amablemente saúdan aos que asistiron á mesma. Desde alí, nunha longa fila diríxense á Cerdeiriña. Van a recollen o carro da "Bica". De volta na Picota, a "Bica" é repartida entre os asistentes ata que esta termínese. ¡ Paciencia ! ¡Hai para todos!
Cando este acto finaliza, os Peliqueiros, en grupos reducidos, van casa por casa a facer unha visita a todos aqueles que por un ou outro motivo, non puideron ir á Picota.
Pola tarde, o desfile de carrozas dá entrada á festa da tarde. As oruquestas amenizan o baile. Trala cea, a festa continúa.
Luns de Entroido
O luns és o día que se está convertendo no máis importante. Non porque sexa o mellor, sinó porque é distinto aos demais días. Os Peliqueiros madrugan e saúdan novamente aos veciños.
A media mañá, cando o corpo aínda non está descansado, ten lugar a "Farrapada". Unha "batalla" con trapos untados en barro entre os que sistan á Praza da Picota. Os que por alí achéguense e aínda non sexan manchados cun trapo, cerán contados os segundos que permanezan limpos. Os non residentes en Laza son os que máis participan. É normal, non é algo que se faga habitualmente.
Como nota interesante, debo de dicir que o que prima é dibertirse, non facerse dano tirando os trapos connosco ou outra forma que poida lesionar a cualquiea. Usa a lóxica á hora de tidar ou dar cun "Farrapo" a outro. Mentres a "farrapada" ten lugar na Picota, a "Xitanada dous Burros" percorre as rúas.
Pola tarde, a iso das seis, as Formigas e a "Morena" invaden a Picota, acompañados por fariña, toxos e "cobelleiros", o "Burro" e os Peliqueiros.
Cando finaliza, repártense as "Cachuchas" (cabeza de porco cocida) o pan e o viño. ¡ Tranquilos, que hai para todos!
Pola tarde e pola noite, as orquestras amenizan a festa. A festa continúa.
Martes de Entroido
Os Peliqueiros Veteranos dan inicio a este día. Con elegancia e saber estar pola experiencia, exhíbense na Picota. O estilo ao correr marca a diferenza. Os máis novos póñenos a proba fisicamente.
Ao mediodía, percorren o pobo facendo novamente a visita de rigor que non hicienron os días anteriores.
Pola tarde, o desfile de carrozas percorre as rúas. Lese o Testamento e faise o Entrierro do Entroido (Queima do Arangaño).
O Entroido está a piques de finalizar. Os Peliqueiros mostran o seu loito tralo enterro montrando un pano negro que cruza a súa Careta de lado a lado. A verbena pon o punto e seguido ao Entroido do ano seguinte.
Domingo de Piñata
O domingo de "Piñata" é o seguinte ao domingo de Entroido. Sería un domingo calquera de non ser que algún Peliqueiro fixese soar os "Chocos". És o último día no que pode poñer o Peliqueiro todo aquel que non puidese poñelo durante os días principais do Entroido.










