O Entroido de Laza

Novas do Entroido

25
Febreiro
Testamento do Burro do Entroido 2.012

Escrita por Laza.info | Categoría da nova Entroido | Nova publicada en Laza.info

Veño aquí con carnefresca,

Aínda non sei si créelo,

Por fin teño un burro morto

Pero ben pensei non telo.  

 

Fun falar co Santo Entroido,

Que é moi amigo meu,

Dixo, ti dálle á cabeza,

Que do burro encárgome eu.  

 

Dito e feito, compañeiros,

Como un neno que arrebinca,

Fai escasa unha semana

Morreu o burro do Chinca.

17
Febreiro
VI Festa Gastronómica

Escrita por Laza.info | Categoría da nova Entroido | Nova publicada en Laza.info

VI Festa Gastronómica da Cachucha, Bica branca, Xastré e do Licor Café.Presentación da VI Festa Gastronómica da Cachucha, Bica branca, Xastré e do Licor Café.

Dentro da imaxe dispós de toda a información para participar neste gran evento gastronómico.

Non o perdas!

27
Xaneiro
Programa Entroido 2012

Escrita por Laza.info | Categoría da nova Entroido | Nova publicada en Laza.info

Programa Entroido 2012Dende o 27 de xaneiro ata o 21 de febreiro, xa podes asistir a Laza a disfrutar de todos actos entroideiros 2012.

¿Vas a perdelo? Sabemos que eres fiel á nosa cultura enxebre, diferente a calquera outra.

Esperámoste en Laza.

25
Decembro
Entroidos de Ourense

Escrita por Laza.info | Categoría da nova Entroido | Nova publicada en Laza.info

Entroidos de OurenseEntroidos de Ourense é unha guia dos Entroidos máis importante da provincia de Ourense. Como non, o de Laza está entre eles.

Esta guia fai un pequeno percorrido por cada un deles.

6
Decembro
Nova Web e Perfil Facebook do Entroido de Laza

Escrita por Laza.info | Categoría da nova Entroido | Nova publicada en Laza.info

nullQuero presentarvos a nova web do Entroido de Laza, así como o seu perfil Facebook. Creo que o noso Entroido se merecía estar de maneira independente no mundo dos www.

nullA través deste dou portais, poderás estar un pouco máis informado sobre os acontecementos da nosa gran festa anual.