O Concello de Laza pode considerarse que é un dos Concellos que máis festas e tradicións posúe, tanto relixiosas como paganas. Cada pobo celebra a súa festa na honra do santoral do pobo. Os pobos son pequenos, polo que en ocasións os veciños asumen un gran coste económico para celebrar a festa.
A festa ou tradición máis recoñecida internacionalmente, é o Entroido de Laza. Trátase de unha festa pagana, con rituais e tradicións que se remontan nos tempos. Ao redor da figura principal do Peliqueiro, xurde a pasión por "entroidar" de todos os veciños do Concello. A súa maneira ancestral de vivir o Entroido é diferente a calquera outro. É isto o que o fai diferente: a pasión dos nenos, dos vellos, dos novos, das mulleres, dos homes,... todos teñen o seu lugar. Incluso o visitante ocupa un lugar neste rol do Entroido. Outras tradicións dentro do Entroido son:
A seguinte festa en importancia é o Santo Cristo de Laza. Como contrapartida ao Entroido, en Laza celébrase a festa dos Maios de diferente maneira a calquera outro pobo ou cidade. Na última noite de Abril, os mozos de Laza saen ao monte, de noite, coa soa axuda dun carro de vacas. Á volta, tirado por os mozos, portan un gran pino, autóctono, que en algunha ocasión superou os 30 metros de altura. Ao día sequinte, primeiro de maio, se alza manualmente ata recuperar a verticalidade. Así da comenzo o Santo Cristo. Tamén se manteñen:
Os Mouros e Cristiáns tamen teñen un pequeno papel en Retorta e en Trez, dous pobos do Concello. A día de hoxe Retorta é o único pobo que manten a tradición. Trátase da representación histórica da loita entre Mouros e Cristiáns que supuxo a rendición dos primeiros. Os actores son os propios veciños, que aportan todo o poderío para dar verdadeira credibilidade á representación.
Despois de un 20 anos sin facer, e a través da asociación ARCAEL,, recuperouse unha procesión relixiosa que se facía o venres santo. Tratábase da Procesión dos Caladiños, na que se representaba a crucifixión de Xesús.