Turismo

Arte no Concello de Laza

No Municipio temos infinidade de restos arquitectónicos, dende a época da idade de bronce ata os máis recentes, sobre todo os de ámbito relixioso.

Estes son algúns dos restos máis representativos do noso Municipio:

  •  As Pisadiñas, en Laza.

  • As Ferraduras, en Soutelo Verde.

  • Castro dos Mouros, en Soutelo Verde.

  • Restos atopados dun forno, en Souteliño. (En estudio)

  • A Coroa, asentamento fortificado en Carraxó.

  • A Cidadella, asentamento fortificado en Carraxo.

  • Lombo da Cerca, asentamento fortificado enTrez.

  • A Picota, asentamento en Camba.

  • Restos do antigo Castro de Laza, en Castro.

  • A Igrexa Parroquial de Retorta - monumento relixioxo máis representativo do Concello -, que se comezou a construir a comezos do século XIV.

  • A Igrexa Parroquial de Laza, con influencias de estilo toscano con torre rematada en capitel. Posúe catro altares barrocos recubertos por pan de ouro.

  • A Igrexa Parroquial de Castro, de planta rectangular, nichos neoclásicos e dedicada a San Pedro, do século XVIII.

  • Cruceiro de Laza - que ten a peculiaridade de ser o único con pozo -, e os de Matamá e Retorta.

Igrexa de Retorta Cruceiro de Laza Cruceiro de Retorta Igrexa de Laza