En EspañolCambia o idioma
| Home | Contacto | Mapa Web | Buscar |

Blog das novas do Concello

Estas son as novas máis interesantes que se produciron no noso Concello.

Si tés coñecemento de algunha nova, non dubides en comunicalo en contacto@laza.info.

Hai un total de 6 novas.

Testamento do Entroido 2010

A espera valeu a pena. No día de hoxe chegou ás miñas mans o Testamento do Burro de Severino, do que foi a súa repartición na Praza da Picota o pasado martes día 16 de Febreiro.

Como cada ano o Testamenteiro sorpréndenos con algo novo, e este ano non foi menos. Foi unha mágoa que non todo fose do todo correcto, a pesar da pésima colaboración da orquestra, xa que houbo varios fallos de iluminación e son. Pero aínda así, puidémonos rir.

Goza deste Testamento 2010.

Escrito por Administrador | Data 2010-03-04
Noticia da categoría Entroido | Publicada en Laza.info

O Entroido quedou atrás.....

O noso lombo dorido dos saltos, carreiras e sin durmires, estanos pasando agora factura. Pero contentos á vez que tristes. É así. Un ano máis hai que mirar para adiante e ver cando volverá o ano que vén.

No meu caso, que xa levaba dous anos sen pasar por estas, direivos que quedei contento. Sempre, unha vez que pasa o toro, se pode dicir que puido haber sido mellor ou que non foi para tanto. Pero mirar para atrás, só para mellorar o ano que vén. Falei cos amigos e cos descoñecidos, e por qué non, con algún inimigo que non coñeces, que seguro que tamén haberá. De todo o que pasou, quedareime co mellor. Non me arrepinto de haber ido.

Por parte miña , e supoño que da maioría, dareille as grazas á Comisión, por haber organizado o telderete que supón organizar un Entroido en Laza. Fixérono o mellor que puideron. Na cabeza deles seguro que rondan as cousas que non lles gustaron, igual que nos pasou aos outros cando levamos adiante a mesma faena. Pero aí está o papel dos que o ano que ven desexen organizar o Entroido: ¡mellorar!

Para rematar, un agradecemento especial para o Testamenteiro. Todos sabemos quen é. Non fai falla nomealo. Como cada ano, e esperemos que por moitos, este ano tamén nos acompañou. Non lle foi un día fácil, pero mantivo o tipo coa responsabilidade que supuña o ser o Testamenteiro do Entroido de Laza nun día tan sinalado para el. Grazas!

PD: En canto me enviedes o Testamento, subireino á web para deleite de todos.

Escrito por Administrador | Data 2010-02-19
Noticia da categoría Entroido | Publicada en Laza.info

O Entroido de Laza na revista Hola.com

Hola.comPois eso, que xa somos famosos como para sair unha nova na edición dixital da revista Hola.com. Fala un pouco sobre os Entroidos de Ourense, pero en especial sobre o de Laza.

Na sección de Galería de Imágenes do artigo, hai dous erros nos pés das fotos. Concretamente na foto 3 e na 6. Xa me encarguei de enviarlles un correo á revista para que subsanen os erros. Esperemos que así sexa. Noutras ocasións así o fixeron.

Escrito por Administrador | Data 2010-02-10
Noticia da categoría Entroido | Publicada en Hola.com

Entroido de Laza 2010

Como cada ano, o ciclo do Entroido comeza en Laza na noite de fin de ano. En canto finalizan as badaladas os lazanos saí­mos a facer soar os chocos.

Cada venres e ata a chegada do Gran Folión que este ano será o día 12 de Febreiro, os lazanos celebran a chegada do Entroido na rúa, con chocos, fachóns e cobelleiros.

Os días pricipales este ano serán en febreiro:

  • Día 11: Xoves de Comadres.
  • Día 12: Venres de Entroido. Cea e Gran Folión.
  • Día 13: Sábado de Cabritadas.
  • Día 14: Domingo de Estrea, Bica e Carrozas
  • Día 15: Luns de Farrapada, Formigas e Cachucha.
  • Día 16: Martes de Peliqueiro Veteráns
  • Día 21: Domingo de Piñata

Poderás ver os Carteis publicitarios así­ como a programación dos actos en breves días.

Escrito por Administrador | Data 2010-01-31
Noticia da categoría Entroido | Publicada en Laza.info

Unha nova cara para Laza.info

Sempre teño a idea de que todo se pode mellorar así que, unha vez máis, Laza.info adquire unha nova cara na parte de deseño e nos contidos, e nun futuro, coa incorporación dun Foro.

Gustaríame que todo isto fora a máis con toda a vosa axuda. Eu, como case todos sabedes, xa non vivo en Laza. Isto dificulta moito que esta web poida estar por completo actualizada. Que non me decate das cousas que pasan ou dos novos acontecementos. Supón en definitiva, que careza da actualización necesaria.

Cun pequeno esforzo de todos penso que todo isto se pode conseguir. Como dato importante a ter en conta, desde o ano 2006 que empecei con isto e ata hoxe, esta web xa superou as 40.000 visitas, que supón que teña unha media de máis de 10.000 visitas anuais.

Os contidos fixos ás veces pódense mellorar coa vosa achega de fotos, datos ou simplemente coa vosa idea, comentando aquilo que vos gusta ou aquilo que vedes que non funciona ou que non está ben. As críticas construtivas son benvidas, tanto as positivas como as negativas.

Para que vos fagades unha idea do que isto significa, a través desta web, contactaron comigo persoas de países tan afastados de nós como Brasil, buscando algún familiar nalgún pobo de Laza. Ou algunha nova deseñadora como Natalia Culebras, que no seu proxecto de fin de estudos tentou recrear un Peliqueiro. Esta deseñadora, para que vos fagades unha idea, xa fixo desfiles na Pasarela Cibeles en Madrid, na sección de Novos Deseñadores.

A Vía da Prata este ano 2010 cobrará unha gran importancia no noso Concello. Este ano Xacobeo 2010, será un ano importante de Peregrinación. A cantidade de Peregrinos que pasan polo noso Concello vai cada ano aumentando. Temos a proba na cantidade de rexistros que hai no albergue.

Todo o que podo dicir da nosa terra é todo bo, que vos vou a contar a vós que non saibades xa. O único que vos pediría sería que todos xuntos fagamos que todas estas cousas boas das que gozamos, mostrémolas ao mundo, tanto a aqueles que dunha ou doutra forma nos visítan ou simplemente non o fan porque se atopan moi lonxe, pero que tamén senten Lazanos.

Saúdos a todos.

Escrito por Administrador | Data 2010-01-24
Noticia da categoría Concello | Publicada en Laza.info
Free counter and web stats © 2010 Laza.info

Home | Concello | Turismo | Actividades | Foro | Administración

v.2010 - Naturaleza, cultura e tradicións dun Pobo.