Laza.info é un proxecto personal que arrancou alá por o ano 2005. Co avance da informática e do universo web, tiña gañas de ofrecer ao mundo ese cachiño de terra que é o Concello de Laza.
Os pasos foron moitos, pois a miña formación no campo da informática é totalmente autodidacta. Recopilar todos os formatos de diseño de esta web é case que unha labor imposible. Nunca acaba de gustarme como está. Está constantemente en cambio. Pero bueno, penso que cada cambio é para mellor.
Para o manteñemento de esta web, tanto de hosting como do dominio laza.info, non conto con ningunha aportación por parte do Concello de Laza nin de ningunha outra institución. Os costes ata agora son asequibles polo que tampouco preciso de aportacións de ningún tipo. O tempo invertido nos proxectos é moito. Son moitas as horas que adico para o constante cambio, que ata agora vou compatibilizando co meu traballo.
En fin, que como non se trata de nada profesional, pois ten erros, E eses erro ás veces non se percata un de que existen ata que algén non o comunica. Algúns foron subsanados pouco a pouco e outros quedarán á espera de que sexan comunicados, pois eu ás veces non me dou de conta. Animados estades a facermos saber.
Espero que todos e cada un de vós disfrutedes desta web da mesma maneira que o fago eu.
Un saúdo e aperta a todos.
Atentamente,
Laza.info