Ata o momento o proxecto vai vento en popa. Por o de agora, podo compatibilizar o tempo que precisa coa miña vida persoal. Mentras sexa así, o Concello de Laza contará con espacio no mundo das www.
Como proxecto personal e autodidacta, os cambios que vaia tendo espero que sexan para mellor, tanto no aspecto visual como de contidos. Estou aberto a calquera proposta constructiva sobre como mellorar. Tamén me gustaría que todo aquel que o desexara formara parte deste proxecto para facelo máis e máis grand, sobre todo porque non resido habitualmente no Concello por motivos profesionais. A actualización das novas e das cousas, ás veces chéganme tarde, polo que xa non adico tempo en comentalas. Neste aspecto debe de mellorar, pero como digo, preciso axuda.
Invitado está todo aquel que o desexe.