É o pobo situado máis ao norte do Concello. Está a uns 750 m de altitude. Dende Laza colleremos a carretera que sae dirección Cimadevila. Nada máis deixar Laza, colleremos no cruce a carretera da esquerda. Continuando esta, Correchouso queda a uns 8 kms.
Pobo de montaña, rodeado por inmensos soutos de castiñeiros. Dende aquí podemos ter unha fermosa panorámica do barranco da Armada e da Pista do Marroquí.
25 de Xullo, Festa na honra do Apóstolo Santiago.
Nota: Si o desexas, podes enviarme unha foto xeneral do teu pobo mediante o correo da web.